Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 07 de xullo de 1999 Páx. 8.793

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (2/1999).

A alcaldía-presidencia con data do 18 de xuño deste ano resolveu:

1. Aprobar inicialmente o Plan Parcial no SRAU no lugar de Altamira-A Zapateira, presentado por Fadesa, e deberanse corrixir, previamente á aprobación definitiva, as deficiencias sinaladas nos informes técnicos municipais de data 6 e 16 de abril do presente ano.

2. Ordena-la publicación desta resolución na forma legalmente prevista.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente poidan formularse as alegacións que se consideren oportunas durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 25 de xuño de 1999.

Salvador Fernández Moreda

Conselleiro delegado de Urbanismo