En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación do servicio de atención telefónica especializada do Igape.
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), r/ Frei Rosendo Salvado 16-baixo, 15701 Santiago de Compostela, Teléfono: 981 54 11 01, Fax: 981 59 04 67.
b) Número de expediente: C.P. nº 16/99.
2. Obxecto do contrato: servicio de atención telefónica especializada do Igape.
Prazo de execución: remata o 31 de decembro de 1999.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento máximo de licitación: 12.000.000 de ptas. (doce millóns de pesetas), imposto sobre o valor engadido (IVE) incluído.
5. Garantía provisional: 240.000 ptas.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).
b) Domicilio: r/ Frei Rosendo Salvado, 16 baixo.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701 A Coruña.
d) Teléfono: 981 54 11 01.
e) Telefax: 981 59 04 67.
f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.
7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do décimo terceiro día seguinte ó da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro de prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama, que debe ter entrada no Igape antes do remate do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das ofertas.
8. Apertura das ofertas: en acto público ás 12 horas do segundo día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura da documentación administrativa e técnica. En acto público ás 12 horas do oitavo día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura das ofertas económicas. No Instituto Galego de Promoción Económica, sito en r/ Frei Rosendo Salvado, 16 Santiago de Compostela.
9. Gastos de anuncios: ós gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.
Santiago de Compostela, 23 de xuño de 1999.
Diego Diz Fernández
Director xeral do Instituto Galego de
Promoción Económica