Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 07 de xullo de 1999 Páx. 8.790

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 1999 pola que se anuncia concurso público para a contratación do servicio de actualización da base de axudas e a base de concursos públicos do programa Igatel do Instituto Galego de Promoción Económica.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación do servicio para a actualización da base de axudas e a base de concursos públicos do programa Igatel do Igape.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), r/ Frei Rosendo Salvado 16-baixo 15701 Santiago de Compostela, Teléfono: 981 54 11 01, Fax: 981 59 04 67.

b) Número de expediente: CP nº 17/99 servicio para a actualización da base de axudas e a base de concursos públicos do programa Igatel do Igape.

2. Obxecto do contrato: servicio para a actualización da base de axudas e a base de concursos públicos do programa Igatel do Igape, coa seguinte desagregación en lotes:

Lote 1: actualización e mantemento da base de datos de liñas de axuda.

Lote 2: actualización e mantemento da base de datos de concursos públicos.

Prazo de execución: 2 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 9.200.000 ptas. (nove millóns dúascentas mil pesetas), imposto sobre o valor engadido (IVE) incluído, coa seguinte desagregación en lotes:

Lote 15.600.000.

Lote 23.600.000.

5. Garantías.

Provisional lote 1: 112.000 ptas.

Provisional lote 2: 72.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: r/ Frei Rosendo Salvado, 16 baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 11 01.

e) Telefax: 981 59 04 67.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do décimo terceiro día seguinte ó da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama, que debe ter entrada no Igape antes do remate do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das ofertas.

8. Apertura das ofertas: en acto público ás 10 horas do segundo día hábil seguinte do remate do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura da documentación administrativa e técnica. En acto público ás 10 horas do oitavo día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura das ofertas económicas. No Instituto Galego de Promoción Económica, sito en r/ Frei Rosendo Salvado, 16 Santiago de Compostela.

9. Gastos de anuncios: Os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 1999.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica