Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 07 de xullo de 1999 Páx. 8.790

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

ANUNCIO de convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo no Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).

Ó abeiro do disposto na diposición adicional segunda do Decreto 360/1998, do 4 de decembro, anúnciase a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo no CIXTEC, estando á disposición dos interesados no taboleiro de anuncios, das dependencias do referido centro(rúa Ramón Piñeiro, nº 27, Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 1999.

Gonzalo Gómez Montaña

Director do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable