Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 07 de xullo de 1999 Páx. 8.790

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 1999, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de modificacións para a adaptación de calidade de combustible ó ano 2000, situada no concello da Coruña e promovida por Repsol Petróleo, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 2º, punto 4, do Decreto 327/91, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días o organo ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude

RESOLVO:

1.-Someter a información pública, o estudio de efectos ambientais do proxecto de modificacións para a adaptación da calidad de combustibles ó ano 2000, situada no concello da Coruña (A Coruña).

2.-Para os devanditos efectos informativos, porase á disposisición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia da Coruña.

-Concello da Coruña.

3.-As alegacións formularanse durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte día da publicación da presente Resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 1999.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental