Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 07 de xullo de 1999 Páx. 8.792

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 1999 pola que se anuncia concurso público e procedemento aberto para a adxudicación do servicio que se cita. (Expediente 201/1999).

1. Entidade adxudicadora.

a) Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº do expediente: 201/1999.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación do servicio de cafetería e comedor da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo.

b) Prazo de duración: será o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Concurso público.

4. Canon mínimo de explotación.

Importe total anual: 625.000 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 250.000 ptas.

Definitiva: 1.000.000 de ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación.

b) Enderezo: r/ Areal, 46, Anexo Rectorado-3º.

c) Localidade e código postal: Vigo-36201.

d) Teléfono: 986 81 35 56.

e) Fax: 986 81 38 57.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó da finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares e no prego de prescricións técnicas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

Enderezo: r/ Areal, 46, planta baixa.

Localidade e código postal: Vigo-36201.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Sala de Xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: r/ Areal, 46, 1ª planta.

c) Localidade: Vigo-36201.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 25 de xuño de 1999.

P.D. (Resolución 3-3-1999)

Julio Taboada Pérez

Xerente