Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 07 de xullo de 1999 Páx. 8.751

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1999 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto, con trámite de urxencia, da subministración de clave E/SC/99.98 e tres máis.

a) Subministración.

1. Adquisición dun (1) vehículo turismo gasoil encadrado no grupo E para a Xefatura Provincial de Estradas de Lugo dependente da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia.

Clave: E/SC/99.88.

Orzamento: dous millóns catrocentas mil pesetas (2.400.000).

Prazo de entrega: 1 mes.

A solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe dunha institución financeira en relación coa subministración obxecto desta licitación.

A solvencia técnica xustificarase mediante relación das principais subministracións similares ás que son obxecto do presente contrato, efectuadas durante os 3 últimos anos con indicación do seu importe, datas e destino público ou privado, ás que se incorporarán os correspondentes certificados sobre estes.

2. Adquisición dun (1) distribuidor de sal de 5 metros cúbicos de capacidade, montaxe en camión, división de moega para dous productos e planta humificadora con 2 tanques de 550 litros cada un para a Xefatura Provincial de Estradas de Ourense dependente da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia.

Clave: E/SC/99.89.

Orzamento: sete millóns cento noventa mil duascentas cincuenta e sete pesetas (7.190.257).

Prazo de entrega: 2 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe dunha institución financeira en relación coa subministración obxecto desta licitación.

A solvencia técnica xustificarase mediante relación das principais subministracións similares ás que son obxecto do presente contrato, efectuadas durante os 3 últimos anos con indicación do seu importe, datas e destino público ou privado, ás que se incorporarán os correspondentes certificados sobre estes.

Garantía provisional: 143.805 pesetas.

3. Adquisición dun (1) distribuidor de sal de 5 metros cúbicos de capacidade e montaxe en camión para a Xefatura Provincial de Estradas de Lugo dependente da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia.

Clave: E/SC/99.90.

Orzamento: seis millóns trescentas mil pesetas (6.300.000).

Prazo de entrega: 2 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe dunha institución financeira en relación coa subministración obxecto desta licitación.

A solvencia técnica xustificarase mediante relación das principais subministracións similares ás que son obxecto do presente contrato, efectuadas durante os 3 últimos anos con indicación do seu importe, datas e destino público ou privado, ás que se incorporarán os correspondentes certificados sobre estes.

Garantía provisional: 126.000 pesetas.

4. Adquisición de catro (4) furgonetas combi gasoil encadradas no grupo E para as xefaturas provinciais de estradas de Lugo e Ourense dependentes da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia.

Clave: E/SC/99.91.

Orzamento: seis millóns catrocentas mil pesetas (6.400.000).

Prazo de entrega: 1 mes.

A solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe dunha institución financeira en relación coa subministración obxecto desta licitación.

A solvencia técnica xustificarase mediante relación das principais subministracións similares ás que son obxecto do presente contrato, efectuadas durante os 3 últimos anos con indicación do seu importe, datas e destino público ou privado, ás que se incorporarán os correspondentes certificados sobre estes.

Garantía provisional: 128.000 pesetas.

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase unha garantía provisional equivalente ó 2% do orzamento de contrata, segundo se especifica no punto a) do presente anuncio.

Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As ditas garantías poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións haberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme ó disposto no artigo 100 del Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás once horas do día dezanove (19) de agosto de 1999.

g) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 1999.

P.D.(Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda