Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 07 de xullo de 1999 Páx. 8.750

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (47/1999-1).

En virtude do acordado polo xuíz de primera instancia e instrucción número cinco de Santiago de Compostela, en providencia de data de hoxe, dictada en expediente de dominio que se segue neste xulgado co número 47/1999-1 por instancia de Francisco Baños García e Josefa Baños Ríos, representados polo procurador Ricardo García -Píccoli Atanes, para facer constar no Rexistro de Propiedade a continuación do tracto sucesivo e modificación de cabida en forma tal que a súa descrición sería a seguinte:

Casa de planta baixa sinalada co número dez do barrio dos Pelamios desta cidade de Santiago de

Compostela, en estado completamente ruinoso e inhabitable, que ten de largo cinco metros por sete metros e setenta centímetros de fondo; ten anexado pola parte de atrás, ó leste, e unido a ela un anaco de terreo destinado a horta que mide o mesmo largo cá casa, e ocupa a superficie de cento corenta e tres metros.

Lindeiros: ó norte, coa casa número 9 e horta que foi do Sr. González Díaz, hoxe de María González Oliveira; ó sur, dereita, coa casa número 11 e a súa horta, propiedade de Constantino Veiga Varela; leste, por atrás, cómaro que separa do mosteiro de San Martiño; ó oeste, á súa fronte, a dita rúa dos Pelamios.

Por medio deste edicto cítase a Fernando González Díaz e María Canosa Insua e a cantas persoas ignoradas poida afectar este expediente e prexudica-la inscrición que se solicita, co fin de que no termo de dez días a partir da publicación deste edicto, poidan comparecer no referido expediente para alegar canto no seu dereito conveña, segundo a pretensión formulada.

Conforme o disposto no artigo 201, regra terceira, da Lei hipotecaria, e en cumprimento do ordenado na dita resolución, faise pública para os efectos oportunos.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 1999.

Rubricado