Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A.
Enderezo social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: R.B.T. en Lousada. Fazouro (Foz).
Situación: Foz.
Descricións técnicas: R.B.T. aérea de Lousada de 2.330 m de lonxitude a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z. R.B.T. aérea de Fazouro de 580 m de lonxitude a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997 do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódadas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.
Lugo, 4 de maio de 1999.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo