Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 06 de xullo de 1999 Páx. 8.711

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1999 pola que se fai pública a adxudicación do concurso aberto convocado para a contratación da subministración de cinco (5) fotocopiadoras e unha (1) copiadora gran formato con plotter.

Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas, faise público que por resolución do director xeral do IGVS de 4 de xuño de 1999, adoptada en virtude de delegación conferida mediante resolución do presidente do IGVS do 6 de abril de 1995, lle foi adxudicado o lote nº 1: tres (3) fotocopiadoras, por un importe de catro millóns trescentas noventa e oito mil setecentas vinte (4.398.720) pesetas, á empresa Víctor Varela Lamas (Canon Copiadoras da coruña) e declarado deserto o lote nº 2: dúas (2) fotocopiadoras e unha (1) copiadora gran formato con plotter.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 1999.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José A. Redondo López

Director xeral do Intituto Galego da Vivenda

e Solo