Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 06 de xullo de 1999 Páx. 8.711

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 1999, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se anuncian os concursos públicos de subministración sucesiva de diversos implantes que se relacionan, polo procedemento aberto e trámite urxente.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo conselleiro de Sanidade e Servicio Sociais na Orde do 18 de marzo de 1999 (DOG nº 58, do 25 de marzo), convoca os seguintes concursos públicos:

Expediente: C.P. 10 / 1999.

Obxecto: adquisición de próteses de cadeira ( 13 lotes).

Orzamento: 24.601.339 ptas., (147.857,02 euros) (IVE incluído).

Expediente: C.P. 11 / 1999.

Obxecto: adquisición de próteses de xeonllo (6 lotes).

Orzamento: 10.054.723 ptas., (60.430,10 euros) ( IVE incluído).

Nos expedientes citados anteriormente os licitadores poderán concorrer a un, a varios ou á totalidade dos lotes que se enumeran nos pregos de prescricións técnicas.

Forma de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público, polo trámite urxente.

Prazo de execución: ver punto 4.2º da folla de especificacións dos pregos de cláusulas administrativas.

Admisión de variantes: ver punto 4.4º da folla de especificacións dos pregos de cláusulas administrativas.

Solvencia económica, financeira e técnica: ver punto 8 da folla de especificacións dos pregos de cláusulas administativas.

Criterios de adxudicación: ver punto 7 da folla de especificacións dos pregos de cláusulas administrativas.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solictados no Servicio de Compras do Hospital Santa María Nai, rúa Ramón Puga, 54, ( planta soto), de Ourense, en días hábiles das 9 as 14 horas, agás sábados.

Fianzas: provisional: ver punto 9 da folla de especificacións dos pregos de cláusulas administrativas. Definitiva: 4% do importe de licitación do que sexa/n adxudicatario/s.

Presentación de proposicións: deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Santa María Nai, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da pulicación desta resolución no DOG. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

Apertura de proposicións: terá lugar en acto público na sala de xuntas do Hospital Santa María Nai, a partir das 9 horas do sexto día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos sinalados nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Anuncios: o pagamento será por conta do/s adxudicatario/s.

Ourense, 28 de xuño de 1999.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense