Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 05 de xullo de 1999 Páx. 8.659

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

ANUNCIO de licitación.

Acordo da Comisión de Goberno Municipal de Ferrol, adoptado na sesión celebrada o día 3 de maio de 1999, polo que se aproba a contratación, mediante concurso, por procedemento aberto, para a subministración dun vehículo auto-bomba urbano para o Servicio contra Incendios.

Obxecto: subministración dun vehículo auto-bomba urbano para o Servicio Contra Incendios.

Orzamento base de licitación: 30.000.000 de pesetas (IVE e demais gastos incluídos).

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Prazo de entrega: dous meses contados a partir da data da sinatura do contrato.

Garantías: provisional: 600.000 ptas.; definitiva: 1.200.000 ptas.

Obtención da documentación e información: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poderá consultarse no Negociado de Seguridade e Tráfico, sito na casa do concello, de luns a venres de 9 a 13 horas, dentro do prazo de licitación.

Presentación de ofertas: o prazo de presentación é de 26 días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. Se o último día do prazo coincidise en sábado, prolongarase ata o seguinte hábil. Deberán ser entregadas de 9 a 13 horas, no rexistro xeral da casa do concello, en dous sobres pechados, coa documentación e requisitos esixidos no prego.

Apertura de plicas: terá lugar na casa do concello ás 12.30 horas do segundo venres seguinte ó día en que finalice o prazo para a presentación de proposicións.

Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Ferrol, 27 de maio de 1999.

Alcalde

P.D.

Mario Villaamil Pérez