Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 05 de xullo de 1999 Páx. 8.658

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria celebrada o día 15 de maio de 1999, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual das NNSS de Arteixo, consistente na alteración puntual da distribución espacial no ámbito da URME-3, promovido por José Pichel Vispo, en representación de Construcciones y Promociones Riazor, S.A., e redactado polo arquitecto José R. Miyar Caridad, que queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó da aparición do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante a cal as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio

Municipal de Urbanismo, sitas na Avda. do Balneario, nº 10-1º, Arteixo, e presentando as alegacións que consideren convenientes. (Expediente 40/98.PMP).

Arteixo, 4 de xuño de 1999.

Manuel Pose Miñones

Alcalde-presidente