Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 05 de xullo de 1999 Páx. 8.659

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 1999 pola que se anuncia concurso urxente para a contratación do proxecto e execución das obras de construcción dunha pasarela peonil sobre o ferrocarril na estación de San Francisco.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Concello de Ourense.

1.2. Dependencia que tramita o expediente: área de infraestructuras, negociado de vías.

1.3. Número de expediente: 624/1999.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: concurso, mediante procedemento aberto e trámite urxente, para a contratación do proxecto e execución das obras de construcción dunha pasarela peonil sobre o ferrocarril na estación de San Francisco.

2.2. Prazo de execución: a execución do contrato comezará coa acta de comprobación do planeamento e as obras deberán quedar totalmente rematadas no prazo de 45 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Trámite: urxente.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación:

4.1. Importe total: 54.517.847 ptas.

5. Fianzas.

5.1. Provisional: 1.090.357 ptas., correspondientes ó 2% do tipo de licitación.

5.2. Definitiva: 2.180.714 ptas., correspondientes ó 4% do tipo de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Entidade: área de infraestructura, negociado de vías.

6.2. Enderezo: rúa Lamas Carvajal, s/n.

6.3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

6.4. Teléfono: 988 38 81 33.

7. Requisitos.

7.1. Poderán concorrer a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan a seguinte clasificación:

Grupo B, subgrupo 2, categoría f.

Grupo D, subgrupo 5, categoría f.

Grupo G, subgrupo 6, categoría f.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

8.1. Prazo de presentación das proposicións: 13 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que apareza inserido o derradeiro anuncio no BOP ou DOG, de 9 a 13 horas.

8.2. Documentación que hai que presentar: a que se sinala no prego de cláusulas administrativas.

8.3. Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello, sito na Praza Maior, 1.

8.4. Localidade: Ourense.

8.5. Prazo de vinculación da oferta: 3 meses, como máxima, contados desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas.

9.1. Entidade: Concello de Ourense.

9.2. Enderezo: Praza Maior, 1.

9.3. Data: o día hábil seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12.30 horas.

10. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 22 de xuño de 1999.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde