Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 05 de xullo de 1999 Páx. 8.653

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 1999 pola que se modifican outras do 11 de xuño de 1999 nas que se anuncian concursos públicos para a contratación dos servicios de coordinación e xestión de comunicación e relacións externas do proxecto Foros Tecnolóxicos Galicia-Norte de Portugal, para a subministración, instalación e posta en marcha do equipamento técnico da iniciativa Webexport, e para os servicios de xestión, desenvolvemento e mantemento do servidor de comercio electrónico Webexport.

Tendo fixado o parágrafo 8 dos anuncios de referencia a apertura das ofertas en acto público para o oitavo día hábil seguinte o termo do prazo de presentación de ofertas, considérase necesario fixar pola súa banda as datas de apertura da documentación administrativa e técnica, fixándose ambas como se detalla no cadro adxunto.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 1999.

Casto Varela Gesto

Director xeral adxunto do Instituto Galego

de Promoción Económica

Concurso públicoApertura

documentación

administrativa

e técnica

Apertura

oferta

económica

13/99: servicios de coordinación e xestión comunicación e relacións externas do proxecto «Foros Tecnolóxicos de Galicia-Norte de Portugal».15/07 ás 12 h21/07 ás 12 h

14/99: subministración, instalación e posta en marcha do equipamento técnico da iniciativa Webexport.15/07 ás 11 h21/07 ás 11 h

15/99: servicios de xestión, desenvolvemento e mantemento do servidor de comercio electrónico Webexport.15/07 ás 10 h21/07 ás 10 h