Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 05 de xullo de 1999 Páx. 8.653

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 1999 pola que se anuncia a licitación do concurso para a subministración de equipos informáticos para os grupos parlamentarios e a Sección de Biblioteca e Documentación do Parlamento de Galicia.

En cumprimento do disposto nos artigos 204.2º e 208 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e conforme o modelo establecido polo Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei, publicado no Boletín Oficial del Estado número 70, do 21 de marzo de 1996, publícase o seguinte anuncio de licitación para a subministración de equipos informáticos para os grupos parlamentarios e a Sección de Biblioteca e Documentación do Parlamento de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.

c) Número de expediente: 7/1999.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de equipos informáticos para os grupos parlamentarios e a Sección de Biblioteca e Documentación do Parlamento de Galicia.

b) División por lotes e número: cinco.

c) Lugar de execución: nas dependencias do Parlamento de Galicia.

d) Prazo de entrega: no prazo máximo de dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Lote nº 1: 19 ordenadores persoais, 7 monitores de 17'' e 10 de 15'', servidor 6.450.000 ptas., (38.765,27 euros).

Lote nº 2: 12 impresoras láser 800.000 ptas., (4.808,09 euros).

Lote nº 3: escáner 450.000 ptas., (2.704,55 euros).

Lote nº 4: 1 fotocopiadora/impresora 815.000 ptas., (4.898,25 euros).

Lote nº 5: software, servidores DVD.2, SAI. 4.805.000 ptas., (28.878, 63 euros).

5. Garantías.

Provisional: o 2% do tipo de licitación.

Definitiva: o 4% do tipo de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Parlamento de Galicia.

b) Domicilio: r/ Hórreo, 63.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Teléfono: 981 56 16 00.

e) Telefax: 981 57 10 41.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata tres días antes da data de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Poderán presentarse a este concurso e formula-las conseguintes proposicións, con suxeición ás cláusulas deste prego e ó de condicións técnicas, as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que tendo plena capacidade de obrar non estean comprendidas nalgunhas das circunstancias enumeradas no artigo 20 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e tamén no artigo 23 cando se trate de empresas estranxeiras.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ós catorce días naturais seguintes ó da publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio de licitación.

b) Documentación que hai que presentar: a citada no prego de cláusulas administrativas particulares (Boletín Oficial do Parlamento de Galicia número 324, do 17 de xuño de 1999).

c) Lugar de presentación: Rexistro do Parlamento de Galicia, en horario de 9.30 ás 14.30 horas, de luns a venres. De ser sábado ou festivo o día de remate para a presentación de proposicións trasládase para o primeiro día hábil seguinte.

1. Entidade: Parlamento de Galicia.

2. Domicilio: r/ Hórreo, 63.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres meses desde a apertura das ofertas.

e) Admisión de variantes (concurso): só se admiten prestacións superiores ou complementarias das prescricións técnicas mínimas esixidas.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Parlamento de Galicia.

b) Domicilio: r/ Hórreo, 63.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: ó oitavo día hábil seguinte ó do remate de presentación de proposicións.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia número 324, do 17 de xuño de 1999, e nos pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas depositados no rexistro xeral do Parlamento.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 1999.

José María García Leira

Presidente do Parlamento de Galicia