Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 05 de xullo de 1999 Páx. 8.652

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 1999 pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso aberto para o outorgamento dunha concesión para construcción e explotación de instalacións para a varada, reparación e mantemento de embarcacións no porto de Tragove (Cambados). (Expediente 13-36-99-C-01).

O presidente de Portos de Galicia, en virtude do disposto no artigo 6.3º da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia, resolveu adxudica-lo concurso aberto para o outorgamento dunha concesión para construcción e explotación de instalacións para a varada, reparación e mantemento de embarcacións no porto de Tragove (Cambados).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Número de expediente: clave 13-36-99-C-01.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo.

b) Descrición do obxecto: outorgamento dunha concesión para construcción e explotación de instalacións para a varada, reparación e mantemento de embarcacións no porto de Tragove.

c) Boletín, diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 56 do día 23 de marzo de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Adxudicación.

a) Data: 19 de maio de 1999.

b) Adxudicatario: Celso Díaz Rodríguez.

c) Nacionalidade: española.

5. Outras informacións: en cumprimento do disposto no artigo 58 da vixente Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas y do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, modificada pola Lei 4/1999, do 14 de xaneiro, faise pública esta resolución, que pon fin á vía administrativa e é susceptible de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó desta publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante poderase optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ó desta

publicación ante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 4/1999, citada anteriormente.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 1999.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do ente público Portos de Galicia