Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 05 de xullo de 1999 Páx. 8.649

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1999 pola que se anuncia o sometemento á información pública da petición de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA no río Mariaqueira, xunto cos proxectos e estudios de avaliación ambiental do concurso AC/48/98.

Neste organismo autónomo Augas de Galicia recibiuse unha petición de outorgamento de concesión

e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico con potencia nominal de ata 5.000 kVA dun tramo libre do río Mariaqueira, presentada cos proxectos das obras e instalacións e estudio ambiental correspondentes.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbese o peticionario do aproveitamento solicitado, onde figuran os datos máis relevantes que o definen, ademais dunha breve descrición das obras que se van a executar, facendo consta-la petición de declaración de utilidade pública do aproveitamento para os efectos de expropiación forzosa, e a relación concreta na que se recollen os bens e/ou dereitos afectados cos seus propietarios. Tamén se fai mención da clase de estudio ambiental achegado polo promotor, logo da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo o dispón a lexislación vixente.

Con este anuncio, para lle dar cumprimento ó disposto nos artigos 6 do R.D. 916/1985, do 25 de maio, en concordancia co artigo 2.1º do dito R.D. 916/1985 segundo a redacción establecida polo R.D. 249/1988, do 18 de marzo, e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regulan a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométese de forma simultánea, unha vez rematadas as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, a petición e documentación técnica e ambiental que se trata en concreto no anexo para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular por escrito cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións consideren procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no

encabezamento e o proxecto ou estudio do peticionario ó que se refiran), persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos San Caetano, s/n. 15071. Santiago de Compostela, e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir da data da derradeira das publicacións que corresponden facer desta resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña. Transcorrido este período de tempo non se admitirá nin se terá en conta ningún escrito.

Para os expresados efectos, este anuncio, ademais da súa inserción nos diarios oficiais mencionados, será obxecto de exposición ó público no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de San Sadurniño (A Coruña).

Este trámite realízase igualmente para os fins do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, cando os titulares dos bens e/ou dereitos propostos polo peticionario sexan descoñecidos e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal no seu momento as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

Os que se consideren interesados terán, para os devanditos efectos informativos, á súa disposición copia da petición e dos exemplares da documentación técnica e estudio ambiental para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

-Proxectos das obras constitutivas do aproveitamento e das instalacións electromecánicas da central, subestacións de transformación e liñas de media e baixa tensión:

*Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos San Caetano, s/n. 15071-Santiago de Compostela.

*Delegación Provincial da Coruña da Consellería de Industria e Comercio: edificios administrativos Monelos-praza de Luis Seoane, 1ª planta-15008 A Coruña.

*Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Os Feáns, 1-3. 15706 Santiago de Compostela.

-Estudio de efectos ambientais:

*Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental.

*Delegación provincial de Medio Ambiente da Coruña: praza de Luis Seoane, s/n, 15008 A Coruña.

*Concello de San Sadurniño: Avda. Marqués de Figueroa, s/n, 15560 San Sadurniño (A Coruña).

Santiago de Compostela, 6 de maio de 1999.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia

ANEXO

RELACIÓN DE PETICIONARIOS

Peticionario e promotor: Aprenar, S.L.

Enderezo: r/ Beado, 43, Rocha Vella, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña).

Representante: Jesús María Fernando Díaz Vázquez.

Denominación do aproveitamento: central hidroeléctrica de Mariaqueira.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal de deseño: 315 l/sg.

Corrente de derivación: río Mariaqueira (cota normal de encoro: 375).

Corrente de restitución: río Mariaqueira (cota de finalización: 203).

Desnivel (salto bruto): 172 m.

Altura do azude: 2 m (altura sobre fondo de cimentación).

Potencia xerador: 390 kW.

Termo municipal onde radica a toma e demais obras: concello de San Sadurniño (A Coruña).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

-Azude e obra de toma:

O azude será de gravidade de planta recta e altura de 2 m sobre fondo do cimentación. A coroación, de cota 376 e lonxitude 8 m, actuará como labio vertente en toda a súa lonxitude. O volume encorado será duns 20,12 m.

Na marxe dereita arrinca a conducción, despois dun elemento desareador e sumidoiro.

Haberá unha escala de peixes.

Conducción de derivación:

A conducción de derivación está formada por un tubo de fibrocemento de diámetro 40 cm, cunha lonxitude de 370 m., soterrado ata chegar á cámara de carga.

Cámara de carga e encanamento forzado:

A cámara de carga é de formigón armado e de aquí parte o encanamento forzado, que será de aceiro ó carbono, cun diámetro interior de 500 mm, con lonxitude de 400 m. O espesor previsto é de 6,5 mm.

Central:

A central estará nun edificio de tipo convencional, con dimensións en planta 14x8, no que se aloxarán os equipos electromecánicos.

Equipos electromecánicos:

A turbina será do tipo Pelton de eixe horizontal, cunha potencia nominal de 419,8 kW e unha velocidade de 1.000 rpm.

O alternador será asíncrono, cunha potencia de 460 kVA, unha tensión de 6,6 kV e unha frecuencia de 50 Hz.

Completa o equipamento un transformador de potencia de 500 kVA a 6,6/20 kV.

Ademais instalaranse diversos equipos auxiliares.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalacións para os fins da necesaria expropiación forzosa, os que de seguida se indican cos seus propietarios:

Concello: San Sadurniño.

PolígonoNº predioPropietarioLonx.

afectada (m)

Superficie

afectada (m)

UsoElemento de

afección

461Descoñecido40210MonteConducción
4161Descoñecido37194MonteConducción
4158Pérez Yañez, Segundo e esposa48252MonteConducción
4157Pérez Yañez, Manuel79,5417MonteConducción
426Herdeiros de Antonio Díaz Carro151793MonteConducción
427Lamas Calvo, Heladio72378Monte Conducción
428Díaz Rodríguez, Benigna150,5790MonteCamar-Carg
410Herdeiros de Jesús Durán Moreira737MonteForzada
49Lamas Buyo, Manuel842MonteForzada
48Herdeiros de Manuel Martínez Torrente1053MonteForzada
425López López, Rafael158830MonteForzada
47López López, Rafael41215MonteForzada
4270Descoñecido45236MonteForzada
1215Díaz Lamas, Purificación59496MonteLiña eléctrica
124Días Lamas, Purificación19160MonteLiña eléctrica
1285Rodríguez Vega, Emilia13109MonteLiña eléctrica
1284Soto López, Domingo11,899MonteLiña eléctrica
1283Trigo García, Serafín976MonteLiña eléctrica
1282Lamas Romero, Generosa6,555MonteLiña eléctrica
116Lamas Romero, Generosa92773PradoLiña eléctrica
115Vega Rodríguez, Jesús52,5441PradoLiña eléctrica
1275Vega Formoso, Julia65,5550PradoLiña eléctrica
1270Soto López, Domingo18,5155PradoLiña eléctrica
1269Soto López, Domingo15,5130PradoLiña eléctrica
1268Seija Salgado, Isolina17143PradoLiña eléctrica
1263Lamas Buyo, Manuel13109PradoLiña eléctrica

1262Durán Moreira, Jesús10,588PradoLiña eléctrica

PolígonoNº predioPropietarioLonx.

afectada (m)

Superficie

afectada (m)

UsoElemento de

afección

1261Lamas Buyo, Manuel976PradoLiña eléctrica
1259Vega Rodríguez, Jesús15126PradoLiña eléctrica
1260Durán Moreira, Jesús976PradoLiña eléctrica
1255Seija Salgado, Isolina65,5550PradoLiña eléctrica
1098Soto Cal, Manuel59496PradoLiña eléctrica
10101Lamas Romero, Generosa19,5164PradoLiña eléctrica
10107Seija Salgado, Isolina13109PradoLiña eléctrica
10116Lamas Calvo, María33277PradoLiña eléctrica
10113Lamas Calvo, Mario35,5298PradoLiña eléctrica
10118Seija Salgado, Isolina56,5475PradoLiña eléctrica
10119Soto Cal, Manuel31,5265PradoLiña eléctrica

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.