Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: V.T.E. L.M.T. A Grela-Pasaxe na Ponte da Pasaxe.
Situación: A Coruña.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV, sobre apoios metálicos e con conductor LA-110, de 118 m de lonxitude, con orixe no apoio 3º antes do C.T. Ponte da Pasaxe e final no apoio anterior ó C.T. Ponte da Pasaxe. L.M.T. subterránea a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3(1x95) mm Al, de 30 m de lonxitude, con orixe no apoio 2º anterior ó C.T. Ponte da Pasaxe e final na liña que alimenta o C.T. Conxeladora Coruñesa. Concello da Coruña.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997 do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos con
dicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.
A Coruña, 1 de xuño de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña