Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 05 de xullo de 1999 Páx. 8.613

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/46-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45. 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., rúa Dous de Maio.

Situación: Xinzo de Limia.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 680 metros de lonxitude en conductor tipo R.H.V.-12/20 kV con orixe na L.M.T. do C.T. polígono I e remate na L.M.T. ó C.T. polígono II. C.T. compacto en baixo de r/ Dous de Maio con 400 kVA e R/T 20.000/380-220 V. R.B.T. aérea do C.T. proxectado con 75 metros en conductor R.Z. e R.B.T. subterránea do C.T. proxectado con 410 metros en conductor R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 31 de maio de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense