Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 05 de xullo de 1999 Páx. 8.610

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-2115; XG-182, Santo Estevo de Negros-Bouzas (Vigo), por substitución da concesión V-2115; XG-182, entre Vigo e o Aeroporto de Peinador, con anexo.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, mediante Orde do 29 de abril de 1999, resolveu outorgarlle, con carácter definitivo, á empresa Viguesa de Transportes, S.A., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-2115; XG-182, Santo Estevo de Negros-Bouzas (Vigo), por substitución da concesión V-2115; XG-182, entre Vigo e Aeroporto de Peinador, con anexo, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

I.-Itinerarios e puntos de parada.

-Santo Estevo de Negros, Vilar, Requeixo, Carballal, Parada, Sampaio, Ánimas, Instituto (Avda. Aeroporto), travesía de Vigo, Pizarro, praza de España, Gran Vía, Urzáiz, Colón, Náutico e Bouzas.

II.-Expedicions.

Santo Estevo de Negros-Bouzas.

-Tres expedicións de ida e dúas de volta de luns a venres laborables.

-Unha expedición de ida e volta os sábados laborables.

IV.-Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km.: 9,728 pesetas.

-Tarifa usuario: 10,409 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 1,4592 pesetas.

Contra o citado acto administrativo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición, no prazo dun mes, ante este mesmo órgano ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, computados, ambos prazos, a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente resolución. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral Transportes