Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 05 de xullo de 1999 Páx. 8.610

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-1293; XG-077, Alto da Encarnación-Vigo-Canido, por substitución da concesión V-1293; XG-077, entre A Encarnación e Samil, con anexo.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, mediante Orde do 29 de abril de 1999, resolveu outorgar, con carácter definitivo, á empresa Viguesa de Transportes, S.A., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-1293; XG-077, Alto da Encarnación-Vigo-Canido, por substitución da concesión V-1293; XG-077, entre A Encarnación e Samil, con anexo, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

I.-Itinerarios e puntos de parada.

Alto da Encarnación-Vigo-Canido.

-Avenida Redondela (puntos de parada: Alto da Encarnación, nº 26, polideportivo, centro saúde e nº 106), r/ Ángel de Lema (p.p.: cemiterio de Teis, nº 159, Paraixal e nº 21), travesía de Vigo (p.p.: nº 239, Fenosa, nº 193, nº 149, nº 103, nº 71, nº 41 e nº 9), praza Isabel A Católica (p.p.: nº 2), r/ Vázquez Varela (p.p.: nº 34), r/ Bolivia (p.p.: nº 39), Gran Vía (p.p.: nº 46, nº 66, nº 94, nº 142 e nº 182), praza de América (p.p.: nº 3), avenida Castelao (p.p.: nº 18), r/ Estrada (p.p.: cruzamento Castelao e nº 16), r/ Vilagarcía (p.p.: nº 20 e Deportes), r/ Marín (p.p.: cruzamento Tomás Paredes), r/ Tomás Paredes (p.p.: nº 23), r/ Camilo Veiga (p.p.: nº 33), r/ Tomás Alonso (p.p.: nº 196), r/ Pescadores (p.p.: Bouzas), avenida Atlántida (p.p.: nº 32, nº 82, Iglesia Alcabre, nº 134 e Museo do Mar), avenida de Samil (p.p.: praia da Fonte, hotel, heladería,

dunas, parking e polideportivo) e estrada Canido (p.p.: praia das Barcas, nº 28, Praia do Vao, Toralla e praia de Canido).

Canido-Vigo-Alto da Encarnación.

-Estrada Canido (p.p.: praia Canido, Toralla, Igrexia, nº 59 e praia das Barcas), avenida de Samil (p.p.: nº 81, nº 67, nº 33, parking, hotel e praia da Fonte), Avenida Atlántida (p.p.: museo do Mar, nº 15, igrexa Alcabre, nº 69 e nº 25), r/ Camilo Veiga (p.p.: nº 33), r/ Tomás Alonso (p.p.: nº 196), r/ Pescadores (p.p.: Bouzas), r/ Tomás Paredes (p.p.: nº 86), r/ Marín (p.p.: San Francisco), r/ Villagarcía (p.p.: Rocío e Alcampo), r/ Estrada (p.p.: club jubilados e nº 103), avenida Castelao (p.p.: nº 23), Gran Vía (p.p.: nº 185, nº 151, nº 105 e nº 85), r/ Pizarro (p.p.: hospital e nº 30), Travesía de Vigo (p.p.: nº 8, nº 38, nº 82, nº 126, nº 160, Fenosa e nº 210), r/ Ángel de Lema (p.p.: nº 16, Paraixal, nº 110 e cemiterio de Teis) e avenida de Redondela (p.p.: nº 109, nº 51, Instituto, Encarnación e Alto da Encarnación).

II.-Expedicións.

Alto da Encarnación-Bouzas-Praia de Canido (37, 729 km).

-Dúas expedicións de ida e volta diarias.

Alto da Encarnación-Bouzas (12,186 km).

-Catorce expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

-Trece expedicións de ida e catorce de volta os sábados laborables.

IV.-Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km.: 7,9456 pesetas.

-Tarifa usuario: 8,5018 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 1,1918 pesetas.

Contra o citado acto administrativo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición, no prazo dun mes, ante este mesmo órgano ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, computados, ambos prazos, a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente resolución. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral Transportes