Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 05 de xullo de 1999 Páx. 8.602

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 28 de xuño de 1999 pola que se convoca para a elección de destino provisional os aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado por Orde do 4 de xuño de 1998 para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala superior de estatísticos (grupo A).

Pola Orde do 4 de xuño de 1998 (DOG nº 121, do 25 de xuño) convocouse proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala superior de estatísticos, sendo elevada a definitiva a proposta de aspirantes que superaron este, mediante a Orde do 29 de marzo de 1999 (DOG nº 77, do 23 de abril).

Convocado concurso para a provisión de postos de traballo vacantes das escalas superior e técnica de estatística pola Orde do 24-6-1999, no que se inclúen tódolos postos vacantes das citadas escalas, en canto non se resolva este, e para os efectos de que os aspirantes que superaron o devandito proceso selectivo accedan á condición de funcionarios coa maior brevidade posible, faise necesario establece-las normas para a asignación de postos de traballo actualmente ofertadas no concurso; por todo isto esta consellería

DISPÓN:

Convoca-los aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala superior de estatísticos (grupo A), para a elección de destino provisional, en único chamamento, na sala sita no 3º piso da Consellería da Presidencia e Administración Pública ás 10 horas do día 12-7-1999, podendo elixir segundo a orde conseguida no proceso selectivo entre os postos que se relacionan no anexo I.

Os aspirantes deberán ir provistos do DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a personalidade.

Os aspirantes que non comparezan persoalmente poderán ser representadas por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Ós aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino provisional as prazas que lles correspondan atendendo a orde de publicación destas e ó número obtido nos procesos selectivos, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas ós aspirantes presentes ou representados e entre as que quedaran sen adxudicar.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 1999

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

ANEXO I

NúmeroCódigo do postoDenominaciónNivelGruposCentro de destinoConcelloRequisito

Indispens.

1EF.A01.00.003.15770.001Xefe Servicio Estatist. Cª Industria

e Comercio

28ABInstituto Galego de

Estatística

Santiago de

Compostela

2EF.A01.00.001.15770.037Xefe Servic. de Estatística de

Conxuntura

28ABInstituto Galego de

Estatística

Santiago de

Compostela

3EF.A01.00.001.15770.014Xefe Sección Análise e Estudios25ABInstituto Galego de

Estatística

Santiago de

Compostela

4EF.A01.00.001.15770.031Xefe Sección Análise e Estudios25ABInstituto Galego de

Estatística

Santiago de

Compostela

5EF.A01.00.001.15770.038Xefe Sección Análise e Estudios25ABInstituto Galego de

Estatística

Santiago de

Compostela

6EF.A01.00.000.15770.003Posto base grupo A20AInstituto Galego de

Estatística

Santiago de

Compostela

7EF.A01.00.000.15770.004Posto base grupo A20AInstituto Galego de

Estatística

Santiago de

Compostela

8EF.A01.00.000.15770.005Posto base grupo A20AInstituto Galego de

Estatística

Santiago de

Compostela

9EF.A01.00.000.15770.006Posto base grupo A20AInstituto Galego de

Estatística

Santiago de

Compostela

10EF.A01.00.000.15770.007Posto base grupo A20AInstituto Galego de

Estatística

Santiago de

Compostela

11EF.A01.00.000.15770.008Posto base grupo A20AInstituto Galego de

Estatística

Santiago de

Compostela