Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 05 de xullo de 1999 Páx. 8.581

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Industrias Mecánicas del Noroeste, S.A. (Imenosa).

Visto o expediente do convenio colectivo de empresa Industrias Mecánicas del Noroeste, S.A. (Imenosa) que tivo entrada nesta delegación provincial o día 18-5-1999, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social polo comité de empresa o día 4-5-1999 de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, de 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás represenacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 26 de maio de 1999.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo Imenosa 1997-1998-1999

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Obxecto do convenio.

Este convenio colectivo ten por obxecto regula-las relacións de traballo, económicas e sociais entre a empresa Industrias Mecánicas del Noroeste, S.A. (Imenosa) e os seus traballadores.

Artigo 2º.-Carácter do convenio.

Declárase expresamente que as condicións pactadas son máis favorables que as mínimas legais que ó traballador lle corresponden.

Artigo 3º.-Ámbito funcional e territorial.

Este convenio colectivo afecta ás actividades que a empresa Industrias Mecánicas del Noroeste, S.A. (Imenosa) desenvolve na súa factoría de Perlío (Fene).

Artigo 4º.-Ámbito persoal.

Este convenio afecta á totalidade do cadro de persoal da factoría de Industrias Mecánicas del Noroeste, S.A. (Imenosa), sita en Perlío (Fene), con excepción do persoal excluído polo Estatuto dos traballadores.

Afectará, así mesmo, e en todo caso, ós traballadores que pasen a formar parte do cadro de persoal da empresa durante a vixencia do convenio, os cales, no que se refire á percepción de pagas de vencemento periódico superior ó mes, percibiranas proporcionalmente ó número de días devengados.

Artigo 5º.-Vixencia do convenio.

Este convenio colectivo terá vixencia ata o 31-12-1999 e os seus efectos serano desde o 1-1-1997, con excepción dos que en cada caso se determina.

Artigo 6º.-Compensación e absorción.

Operará a compensación e absorción cando os salarios realmente devengados, no seu conxunto e cómputo anual, sexan máis favorables para os traballadores que os fixados na orde normativa ou convencional.

Artigo 7º.-Respecto das condicións máis beneficiosas.

Se por aplicación da nova estructura salarial resultasen globalmente diminuídos os ingresos anuais, en xornada ordinaria, dun determinado traballador,

en condicións de homoxeneidade, respectaráselle ad personam mentres non sexan absorbidas ou superadas pola aplicación doutras normas máis favorables, as condicións máis beneficiosas.

En tal suposto, a diferencia resultante entre os ingresos globais anteriores e posteriores aboaráselle xunto cos salarios do mes de xaneiro do ano seguinte a aquel a que se refire a compensación, sendo comunicados estes casos ó comité de empresa.

Artigo 8º.-Prórroga e denuncia do convenio.

De non existir aviso previo por algunha das partes, cunha antelación de 2 meses á data fixada para a súa extinción, considerarase prorrogado por un período de 12 meses, incrementándose os conceptos salariais no IPC ó 31-12-1999.

Capítulo II

Ordenación económica

Artigo 9º.-Estructura salarial.

A remuneración do persoal de Industrias Mecánicas del Noroeste, S.A. (Imenosa) está integrada por:

Salario convenio. Os salarios convenio establecidos para cada categoría profesional son os que recolle a táboa salarial.

O 30% do valor das variables pasarán a salario convenio.

Complementos do salario.

a) Persoais: antigüidade.

-Complementos consolidados ad personam.

b) De posto de traballo:

Complemento do condicións ambientais.

Complemento de quenda.

Complemento de mando.

Complemento de xefe de equipo.

Gratificación de profesorado.

Gratificación por formación.

Complemento por utilización de terminais informáticos.

c) Por cantidade ou calidade de traballo:

Incentivos ou primas.

Horas extraordinarias.

Complemento xornadas especiais.

Complemento de homologación.

Complemento de tempo por tempo.

d) De vencemento periódico superior ó mes:

Paga de xullo.

Paga de setembro.

Paga de decembro.

Devengos non salariais:

Quebranto de moeda.

Complemento de distancia.

Axudas de custo de viaxe.

Outros de semellante natureza.

Aboamento de percepcións:

O total de percepcións anuais abóase en doce mensualidades e tres pagas de vencemento superior ó mes, pola contía que se indica na táboa salarial. Nas pagas de vencemento superior ó mes correspondentes ós meses de xullo, setembro e decembro, incluirase o concepto de antigüidade.

O período de devengo será o correspondente a meses naturais, efectuándose o pagamento mensual o día 6 do mes seguinte, salvo que a dita data coincida en día non laborable, pois nese caso o aboamento realizarase no día hábil inmediatamente anterior, tendendo a aproxima-la dita data a primeiros de mes. O recibo de salarios distribuirase o día anterior ó de pagamento.

As datas de aboamento dos devengos de vencemento periódico superior ó mes serán:

Paga de xullo: día 1-7.

Paga de setembro: día 1-9.

Paga de decembro: día 15-12.

Se as datas indicadas coincidisen en día non laborable, o aboamento realizarase o día hábil inmediatamente anterior.

Artigo 10º.-Incrementos salariais dos anos 1997, 1998 e 1999.

Os incrementos salariais durante a vixencia deste convenio serán os seguintes:

Como consecuencia da implantación do tempo por tempo aboarase unha paga única non consolidable, que se devengará durante o ano 1999, cunha contía establecida en 65.000 ptas. para cada un dos traballadores da empresa.

Ano 1998:

Aplicarase un incremento sobre táboas salariais e demais conceptos retributivos do 0,7% sobre a masa salarial do ano 1997.

Incorporación doutro 0,7% de táboas e demais conceptos retributivos na paga de setembro. Os atrasos correspondentes ós incrementos do ano 1998 percibiranse nunha paga especial no presente ano 1999.

Ano 1999:

Aplicarase un incremento sobre táboas salariais e demais conceptos retributivos do 1,3%.

O 0,7%, incrementado na paga de setembro será consolidable na paga de setembro do 1999, condicionándoo ó cumprimento das entregas das obras no prazo previsto, participando para iso unha comisión, co fin de realiza-lo seu seguimento.

Artigo 11º.-Complemento de condicións ambientais.

É un complemento de salario do posto de traballo; percibirase de acordo coas táboas seguintes:

1. Persoal operario:

Condicións ambientais:

Tipo1 2 3

A87123134

B119154174

C60 89 -

A asignación do tipo de condicións ambientais a cada traballo farase de acordo coa definición deles que xunta ó final deste artigo.

2. Persoal empregado:

O persoal empregado, cando realice funcións propias da súa actividade naquelas zonas que están baixo complemento de condicións ambientais, percibirá un complemento por este convenio cun valor que será o correspondente ó tipo C.1.

Mestres e encargados percibirán por este concepto a media do persoal ó seu cargo.

Complemento de condicións ambientais: definición de traballos.

A.1:

1. Armado en xeral.

2. Trazado e barrenado e T. Estructuras.

3. Trazado e mecanizado e T. Estructuras.

4. Armar e desarmar camas.

5. Movemento e manobra en área de estructuras.

6. Figurado en frío.

7. Facer planimetrías.

8. Limpeza en T. Estructuras.

9. Verificadores en T. Estructuras.

10. Pañol estructuras.

11. Mantemento en T. Estructuras

A.2:

1. O mesmo que A.1 para espacios pechados, e/ou abertos con pintura ou galvanizado e para traballos en compoñentes de alturas maiores de 4 metros, agás apartados A.1: 4, 5 e 6, que non sofren modificacións.

2. Figurado e rectificado con calor.

3. Traballos de reparación de máquinas e/ou equipos.

4. Mecanizado en fundición gris.

5. Corte (manual e con máquina).

6. Chaflán e repaso con pedra en corte.

A.3:

1. O mesmo que A.2 para espacios pechados con pintura e/ou galvanizado.

2. Traballos de mantemento en guindastres e/ou centrais eléctricas.

3. Limpeza con productos químicos en compoñentes e/ou equipos.

B.1:

1. Soldadura en xeral.

2. Repaso con pedra e/ou lixadura de paneis.

3. Afiadura de ferramentas.

B.2:

1. O mesmo que B.1. para espacios pechados e/ou abertos con pintura ou galvanizado, e/ou para traballos en compoñentes de alturas maiores de 4 metros.

B.3:

1. O mesmo que B.2 para espacios pechados con pintura e/ou galvanizado, e/ou interiores con temperatura.

2. Resanado con arco-aire (en tódolos espacios).

C.1:

1. Limpeza en aseos.

2. Persoal de almacén.

3. Persoal de pañois.

4. Persoal de taller de mecanizados.

5. Movemento e manobra do taller de macanizados.

6. Verificadores en taller de mecanizados.

7. Marcado de bosquexos en taller.

8. Mantemento en T. maquinaria.

9. Mantemento en oficinas.

C.2:

1. O mesmo que C.1 para espacios pechados, e/ou para traballos e en compoñentes de alturas maiores de 4 metros, agás as alíneas C.1: 1, 2, 3, 5 e 9, que non sofren modificación.

2. Traballos de axuste e montaxe de compoñentes mecánicos.

Artigo 12º.-Incentivos.

Establécese un sistema de incentivos para operarios e empregados, coas seguintes características e funcionamento:

Persoal operario:

a) Para horas imputadas directamente a obras de inmobilizado e/ou proxectos.

1. O incentivo toma como punto de referencia o Orzamento de Execución Industrial (Pein), documento base no que se plasman os obxectivos acadables para cada proxecto.

2. O incentivo base para este tipo de horas determinarase mediante a seguinte fórmula.

I=(horas asignadas-horas investidas)xvalor hora incentivo.

Na que:

Horas asignadas: son as resultantes da desagregación do PEIN de cada proxecto.

Horas investidas: son as empregadas no proceso de execución do traballo.

Valor horas incentivo: para o ano 1999 será de 717 ptas.

3. Pasarase a salario convenio as horas de presencia do taller.

4. Para os operarios do taller de mecanizados e estructuras, a fórmula do incentivo terá outro compoñente no que se recolle a complexidade propia de cada máquina e que se percibirá por hora traballada de acordo cos seguintes valores:

Incentivos por máquina:

MáquinasPesetas por hora

investidas no traballo

Innocenti77

Torno Echea63

Torno vertical63

Torno Guruzpe63

Sacem 15049

Sacem 16577

Zayer37

Torno Tadu37

Somuas37

Oxicorte37

Cilindro37

Prensa37

b) Para horas dos talleres de estructuras, mecanizados e mantemento non imputadas directamente a obras e/ou proxectos:

1. O incentivo para este tipo de horas determinarase mediante a seguinte fórmula:

I= horas de presencia x valor hora incentivo indirecto.

Na que:

O valor incentivo indirecto é o resultante do importe mensual do incentivo das horas imputadas directamente a obras de inmobilizado e/ou proxectos multiplicado polos coeficientes 0,23 (empresa), 0,17 (taller de estructuras), 0,36 (taller de maquinaria) e dividido polo número total de horas de presencia non imputadas directamente a obras, dos talleres a que fai referencia esta alínea.

Este valor incentivo terá como límite máximo o cociente resultante entre o importe do incentivo das horas imputadas directamente a obras e o número total de horas imputadas directamente a obras.

Valores mínimos:

Incentivo indirectos:

Persoal de mantemento, xeral e maquinaria.

V.H.I.= valor das horas directas empresa - 2 ptas.

Persoal indirecto:

V.H.I.= valor das horas directas empresa 20 ptas.

Persoal empregado e operarios de almacén e garantía de calidade:

Para este colectivo, a fórmula para determina-lo incentivo é:

I= valor hora incentivo x (K/100-(0,53x0,3)xhoras de presencia.

Na que:

K: é o coeficiente individual, que oscilará entre os valores 37 e 55.

Valor hora incentivo: é a cantidade fixada por este concepto por categorías na táboa salarial.

Horas de presencia: son as horas traballadas.

Artigo 13º.-Axudas de custo.

A. Viaxes:

En todo o ámbito da empresa e polas comisións de servicio, fíxanse as seguintes condicións:

-Billete en coche cama single, avión en clase turista, tren 1ª clase, talgo ou similar.

-Cando, a xuízo da dirección, e polo carácter do servicio que hai que prestar, se autorice o uso do coche propio, aboaranse 28 ptas./km. Para utilizar este medio será imprescindible a autorización previa da dirección.

No caso de que viaxara no mesmo coche máis dun traballador de Imenosa, o prezo fixado por km sería multiplicado polos seguintes coeficientes:

Dous ocupantes1,1

Tres ocupantes1,2

Catro ocupantes1,3

-Para cubri-los gastos de estadía e manutención, aboaranse por:

Almorzo500 ptas./día.

Xantar3.000 ptas./día.

Cea2.000 ptas./día.

Hotel5.300 ptas./día.

Malia iso, a empresa poderá reserva-lo hotel mediante bono. Se esa reserva non fose posible, o gasto xustificarase coa factura oficial.

Como regra xeral, o aloxamento farase:

-Cando se trate de hoteis, nos de categoría de tres estrelas, sempre que sexa posible.

-Cando se trate de apartamentos, nos de categoría similar ós hoteis de tres estrelas.

Ademais dos valores anteriores, aboarase unha axuda de custo de 2.000 ptas./día, que só se pagará os días que se pernocte fóra do domicilio habitual.

As viaxes liquidaranse esctrictamente polas cantidades anteriores, e como máximo dentro do mes seguinte á súa realización. En caso contrario, os anticipos para viaxes serán descontados na nómina do mes.

B. Traballos continuados para realizar fóra da localidade e dentro da península.

Consideraranse como tales os traballos que se realicen en localidades situadas a distancias superiores a 60 km do centro habitual de traballo, e de forma continuada.

Por este concepto establécense as seguintes cantidades:

1. Poboacións de máis de 50.000 habitantes: 7.900 ptas. diarias.

2. Poboacións con número de habitantes comprendido entre 100.000 e 500.000: 7.300 ptas. diarias.

3. Poboacións de menos de 100.000 habitantes: 6.700 ptas. diarias.

Os traballadores que se atopen nesta situación terán dereito a unha viaxe ó mes ó seu domicilio habitual, durante unha fin de semana.

As eventuais revisións dos valores económicos deste punto formarán parte do texto deste convenio mediante a acta da comisión de seguimento del.

O expresado nesta alínea B é incompatible co indicado na alínea A deste artigo.

C. Traballos continuados para realizar fóra da península.

1. Cando exista un traballo no estranxeiro, a empresa fará un estudio loxístico do país e localidade onde se sitúe o traballo e, en función do dito estudio, definiranse as percepcións, incluíndo unha cantidade por dedicación completa.

2. O expresado neste apartado C é incompatible co indicado nas alíneas anteriores deste artigo.

D. Carácter e efectos económicos

Os efectos económicos deste artigo non terán carácter retroactivo, entrando en vigor no momento do asinamento deste convenio.

Artigo 14º.-Gratificación profesorado.

Os traballadores que impartan cursos de formación fóra da xornada de traballo percibirán unha gratificación de profesorado cun valor por hora de clase de 2.315 ptas.

Artigo 15º.-Premio á iniciativa.

A dirección da empresa, sensible a toda mellora que poida introducirse nos procesos normais de traballo e que puidese traducirse nun aforro para a empresa, acepta o establecemento dun premio á iniciativa.

A concesión e contía dos premios farase a través dunha comisión paritaria.

Artigo 16º.-Complemento de quenda rotativa ou rotación.

O complemento de rotación devengarase cada día que un traballador estea en xornada normal, estando a semana precedente traballando a quenda. Ratearase por días de falta de asistencia á xornada de quenda da semana precedente traballada.

Artigo 17º.-Complemento de homologación.

Terán dereito a este complemento os traballadores que acreditasen a través do noso servicio de garantía de calidade aptitudes profesionais determinadas esixidas polos organismos e entidades censoras e clasificadoras de modo que, a xuízo dos citados organismos, cumpran os requisitos esixidos internacionalmente para a realización de determinados traballos.

A contía destas homologacións será de 19 ptas./día de traballo e homologación, e o número máximo que se considerará vai ser de 10 homologacións.

Artigo 18º.-Complemento de utilización de terminais informáticos.

Establécese un complemento de carácter mensual para aqueles traballadores que desenvolvan a súa actividade utilizando pantallas de raios catódicos, coa seguinte valoración:

-Dedicación a tempo parcial: 1.493 ptas./mes.

-Dedicación a tempo completo: 2.742 ptas./mes.

Capítulo III

Xornada de traballo

Artigo 19º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo para o persoal de Imenosa establécese en:

Ano 1997: 1.700 h./home-ano.

Ano 1998: 1.700 h./home-ano.

Ano 1999: 1.700 h./home-ano.

O horario e calendario de traballo para o ano 1999 negociarase no segundo trimestre de 1999.

1. Xornada normal.

-Persoal de taller:

37 horas e 40 minutos efectivos de traballo, durante 5 días á semana, de luns a venres, ambos incluídos, en xornada continuada.

-Persoal de oficina:

37 horas e 40 minutos efectivos de traballo, durante 5 días á semana, de luns a venres, ambos inclusive, en xornada continuada.

En canto á flexibilidade de horario, establécese en 15 minutos á hora de entrada, que será recuperada ó final da xornada para completa-las horas establecidas.

2. Xornada de quenda.

Para aqueles traballos que precisen de xornada de quenda con 37 horas e 40 minutos semanais,

de luns a venres, establécense as modalidades seguintes:

-Quenda de tarde.

-Quenda de noite.

A quenda de noite establecerase excepcionalmente, se as condicións de traballo o esixisen, logo de informe ó comité.

En consecuencia, o persoal a quenda rotará cada semana cos diferentes horarios de quenda e a xornada normal.

O persoal que se asigne por quenda iniciará a súa xornada en luns e deberá ser avisado o xoves da semana anterior e permanecendo nesta situación toda a semana.

Para a asignación do persoal a xornada de quenda rotativa terase en conta, preferentemente, a voluntariedade.

Calquera traballador poderá optar por permanecer nunha das xornadas de quenda con carácter permanente (das existentes no seu centro), logo de acordo das partes. Finalizado este acordo, incorporarase ó sistema normal de funcionamento de xornadas de traballo.

Garantirase que non se supere o cómputo anual de horas establecido. Para iso, trimestralmente, levaranse os controis oportunos, do resultado dos cales se informará o comité de empresa e fixaranse, se é o caso, os días que corresponda librar.

En canto á flexibilidade, respectarase o establecido na alínea 1.

3. Xornadas especiais.

Establécese unha xornada especial e voluntaria de igual duración que a xornada normal, de luns a venres, ambos inlusive.

Esta xornada terá un complemento especial, segundo figura na táboa salarial, que se aboará nos días laborables de todo o ano, e en vacacións, a media dos 11 meses traballados.

No suposto de que variasen as circunstancias polas cales se estableceron as xornadas especiais, e non puidese manterse o acordado, seralles de aplicación a xornada anterior á citada especial.

No que respecta á flexibilidade a aplicar á xornada especial, establécese en quince minutos á hora de entrada no horario de mañá e outra da mesma duración á hora de entrada no horario de tarde, e esta flexibilidade resultante de media hora será recuperada ó acaba-la xornada para obte-la totalidade de duración dela.

4. Tempo por tempo.

Dada a necesidade de suprimir ou reducir ó mínimo posible o número de horas extraordinarias realizadas anualmente, así como para afrontar aquelas situacións nas que puidese producirse unha reducción significativa da carga de traballo nos distintos departamentos da empresa, tendo como obxectivo mellora-la cantidade e calidade do emprego, acórdase

introduci-lo concepto tempo por tempo, que consiste en que cada traballador poderá acumular unha bolsa máxima de 170 horas/ano, de acordo coa capacidade de producción da empresa, establecéndose un tope individual de 40 horas mensuais.

As horas que realicen polo sistema de tempo por tempo terán carácter voluntario sempre e cando non se interrompan os ciclos productivos e a través dunha comisión paritaria que estudiará as circunstancias. A empresa informará previamente da súa realización o comité de empresa, dando as razóns que os xustifiquen, cantidade de horas e número de traballadores que o van realizar.

As xornadas de sábados, domingos e festivos non poderán ser inferiores ás 6 horas nin superiores a 7 horas, as horas diarias para realizar como prolongación de xornada serán dun máximo de catro (4). Se por circunstancias excepcionais houbese que superar este límite, faríase a través dun acordo previo entre o comité de empresa e a dirección. Os días de folga non serán compensados con días de descanso correspondentes ó tempo por tempo.

O descanso entre xornadas de traballo debe ser de doce horas. Así mesmo, o descanso semanal debe ser de día e medio ininterrompido.

Para os traballadores que realicen este réxime de xornada, as horas que superen a súa xornada laboral normal cambiaranse polo mesmo número de horas doutro día, as que se realicen en sábados, domigos e/ou festivos, cambiaranse polo mesmo número de horas multiplicado polo coeficiente corrector 1,3 e terán que ser esgotadas polo traballador no prazo máximo de seis meses, aboándose as percepcións económicas que se indican no anexo A.19.

Sempre que sexa posible, a realización dos traballos fóra de xornada habitual realizarase polo sistema de quendas de mañá e tarde en talleres.

A determinación das datas nas que o traballador debe desfruta-las horas compensadas polo dito concepto será despois de acordo entre traballador e empresa. No caso de non existir acordo, por condicións especiais da carga de traballo que se derive dos ciclos productivos, negociaranse entre o comité de empresa e a dirección. Unicamente se poderá aplica-lo tempo por tempo cando o esixan as condicións especiais da carga de traballo que se deriven dos ciclos productivos, estando obrigada a dirección a comunicarllo ó traballador con 7 días de antelación, tanto para a realización das ditas horas como para a súa compensación.

Co obxecto de garanti-la correcta aplicación do tempo por tempo, a dirección entregaralles ós representantes dos traballadores a información correspondente á carga de traballo. A comisión paritaria do convenio analizará, con carácter trimestral, os resultados da aplicación do tempo por tempo nos distintos departamentos da empresa e, en caso de que considere que non se cumpren os obxectivos establecidos para a correcta aplicación deste concepto, poderanse propo-las correccións que se coiden oportunas.

Anexo A.19

Os valores correspondentes á aplicación do tempo por tempo serán os recollidos na táboa A.19, e liquidaranse na nómina correspondente ó mes en que se realicen.

Para efectos retributivos, os períodos derivados da compensación do tempo por tempo serán considerados como de traballo efectivo, aboándoselle ó persoal de taller os conceptos retributivos (incentivo, P.C.A., complemento de máquina) coa media dos valores no momento da súa realización. No caso de traballadores suxeitos á media da empresa, negociaranse os valores medios entre a empresa e o comité.

Táboa A.19

Compensación do tempo por tempo en pesetas/hora:

Tipo de xornada compensadaValor hora

(pesetas)

Xornada normal850

Sábados1.100

Domingos e festivos1.400

Artigo 20º.-Horas extraordinarias.

A dirección da empresa reducirá ó máximo a realización de horas extraordinarias, sen prexuízo de ofrece-lo máximo nivel de servicio e sen que en ningún caso se supere o legalmente establecido, informando mensualmente o comité de empresa das que se realizasen.

Consideraranse como horas extraordinarias estructurais as que sexan precisas para afronta-las seguintes situacións:

Pedidos imprevistos.

Puntas de producción (as correspondentes a traballos de actividade continuada ou de recoñecida urxencia).

Cambios de quenda.

Avarías de reparación urxente.

Traballos de conservación que requiran realizarse fóra do proceso productivo.

Traballos que deban realizarse ininterrompidamente ata a súa finalización.

Estas horas extraordinarias estructurais notificaranse mensualmente á autoridade laboral, conxuntamente por empresa e comité, para os efectos de reducción de recargas de cotización, polo procedemento establecido na O.M. do 1-3-1983, sobre cotización adicional á Seguridade Social por horas extraordinarias.

Artigo 21º.-Vacacións e pontes.

O período de vacacións anuais será de 30 días naturais. O seu desfrute farase en catro semanas completas e consecutivas e dous días.

Ano 1997: 24 e 26 de decembro.

Ano 1998: 24 de decembro e 8 de xaneiro de 1999.

Ano 1999: sinalaranse ó confecciona-lo correspondente calendario laboral.

As catro semanas naturais de vacacións desfrutaranse nos meses de xullo e/ou agosto. En función dos programas de producción e de acordo co comité de empresa, poderase amplia-lo período ós meses de xuño e setembro. Teranse en conta as necesidades ineludibles da empresa e tamén, no posible, as conveniencias particulares dos interesados.

Os que, pro necesidade da empresa, teñan que te-las vacacións fóra do período sinalado como preferente para elas, logo de informe ó comité de empresa, percibirán:

-Xuño e setembro: 2.350 pesetas semanais ou a parte proporcional correspondente ás vacacións desfrutadas nos ditos períodos.

-Resto dos meses do ano: 4.200 pesetas semanais ou a parte proporcional correspondente ás vacacións desfrutadas nos ditos períodos.

As ditas gratificacións non se percibirán cando a elección do período sexa iniciativa do propio traballador.

En tódolos casos o tempo de catro semanas para cada persoal será determinado con dous meses de antelación ó comezo do seu desfrute.

O persoal de quenda de tarde e noite non traballará o 31 de decembro.

Nos días de ponte e nos días laborables en que se está de vacacións aboarase como compensación pola carencia de incentivos e complemento de condicións ambientais a media diaria destes conceptos obtidos polo productor no período anual comprendido entre xullo do ano anterior e xuño do ano de que se trate, ambos inclusive. Así mesmo, aboarase a media dos complementos de xornada especial ou quenda, para o período citado anteriormente, nos días laborables en que se desfruten vacacións.

Artigo 22º.-Saturación das instalacións.

1. Considérase incremento do grao de saturación das instalacións o aumento do número de horas de funcionamento delas, ben se obteñan a través dun incremento do número de días-ano (modificación de períodos vacacionais, etc.) ben a través do incremento do incremento do número de horas-día (quendas de traballo, etc.).

2. Calquera proposta da dirección da empresa de incrementa-lo grao de saturación das instalacións que implique a modificación substancial das condicións de traballo, deberá negociarse, con carácter previo, cos representantes dos traballadores, para o cal a empresa facilitará, polo menos, a seguinte información:

-Medidas concretas que se propoñen.

-Causas en que estas se apoian.

-Persoal afectado.

A negociación de tales medidas levarase a cabo no seo da empresa no prazo de 15 días. En caso de desacordo, seguirase o procedemento previsto no artigo 28º do presente convenio colectivo (procedemento de solución de conflictos de traballo), elevándose directamente á comisión de resolución de conflictos e dándose por cumprido o trámite previsto no punto 1.3 a) do citado artigo.

3. Entenderase que o acordo previsto para o efecto polo artigo 41.1º do Estatuto dos traballadores, queda debidamente cumprido coa tramitación do establecido no presente artigo. A dirección da empresa cumprirá o requisito de notificación á autoridade laboral para os únicos efectos do seu coñecemento, de conformidade co establecido no artigo 2.1º do R.D. 696/1980, do 14 de abril, e na que, ademais do alcance e causas, achegará a lista definitiva do persoal afectado.

Artigo 23º.-Saturación individual do tempo de traballo.

1. Para efectos de conseguir unha adecuada saturación individual, a dirección da empresa definirá o cadro de persoal e facilitará a cualificación precisa para a correcta adecuación ós postos de traballo.

2. O tempo de prestación de traballo comeza e finaliza no propio posto e debe saturarase na súa integridade, o que comporta a saturación do tempo total a un nivel de rendemento habitual, non inferior ó normal.

3. Co fin de consegui-la reducción de tempos improductivos e mellora-la productividade, os traballadores realizarán, por requirimento dos seus mandos, aquelas tarefas para as que estean capacitados, aínda que non sexan propias da súa especialidade.

Artigo 24º.-Traballos de actividade continuada e/ou recoñecida urxencia realizados fóra da xornada asignada.

Considéranse traballos de actividade continuada ou de recoñecida urxencia aqueles que como tales poidan declarar para Imenosa os organismos competentes.

Cando sexa necesario realizar estes traballos avisarase cunha antelación de, polo menos, 48 horas, póndose en coñecemento previo do comité de empresa.

Os ditos traballos serán aboados segundo táboa, distinguíndose un valor para os traballos realizados de 6 a 22 horas, en días laborables, e outro valor para o resto das horas incluíndo sábados pola tarde e festivos.

Non se inclúen nas cantidades arriba citadas os complementos de posto de traballo nin os incentivos.

Cando se estea rotando a xornada normal coa quenda, en traballos desta natureza, o tempo necesario de conexión entre unha e outra xornada considerarase como actividade continuada e recoñecida urxencia para tódolos efectos.

Capítulo IV

Organización do traballo

Artigo 25º.-Clasificación profesional.

1. O persoal que preste os seus servicios na empresa será clasificado tendo en conta os seus coñecementos, experiencia, grao de autonomía, responsabilidade e iniciativa.

Esta nova clasificación e as súas normas complementarias teñen por obxecto acadar unha estructura profesional acorde coas necesidades da empresa, que facilite a mellor integración de todo o colectivo nas tarefas productivas e mellore a súa adecuación en todo momento a un posto de traballo, mediante a oportuna formación.

2. Clasificación organizativa.

Todo traballador integrado nesta nova estructura terá, como consecuencia, un determinado grupo funcional e un nivel de cualificación. A conxunción de ámbolos datos fixará, consecuentemente, a clasificación organizativa de cada traballador.

É contido primario da relación contractual laboral o desempeño das funcións que implica a súa clasificación organizativa, debendo, en consecuencia, ocupar calquera posto dela tendo recibido previamente por parte da empresa a formación adecuada ó novo posto, cando ela sexa necesaria.

3. Grupos funcionais.

Tódolos traballadores estarán incluídos nun dos grupos de técnicos, empregados e operarios.

3.1. Técnicos.

É o persoal con alto grao de cualificación, experiencia e aptitudes equivalentes ás que se poidan adquirir con titulacións superiores e medias, realizando tarefas de alta cualificación e complexidade.

3.2. Empregados.

É o persoal que, polos seus coñecementos e experiencia, pode realizar tarefas administrativas, comerciais, de organización, de informática, de laboratorio e, en xeral, as específicas de postos de oficinas informatizadas ou non, que permiten informar da xestión, da actividade económica, coordinar labores productivos ou realizar tarefas auxiliares que comportan atención ás persoas.

3.3. Operarios.

É o persoal que polos seus coñecementos e experiencia executa operacións relacionadas coa producción, ben directamente actuando no proceso productivo ou indirectamente en labores de mantemento, transporte ou outras operacións auxiliares. Sen prexuízo de que poidan realizar, á súa vez, funcións de supervisión ou coordinación.

4. Niveis de cualificación.

Todo traballador será cualificado tendo en conta o seu nivel de coñecementos, tanto pola formación básica adquirida como pola experiencia acumulada, así como a autonomía no desenvolvemento do seu traballo e todo iso tendo en conta a estructura organizativa da empresa.

A organización por niveis negociarase de acordo coa proposta presentada pola dirección ó comité de empresa que se xunta no anexo 4.25, concretándose nos próximos meses.

4.1. Nivel I.

Son traballadores que teñen a responsabilidade directa na xestión dunha ou varias áreas funcionais da emrpesa ou realizan tarefas técnicas da máis alta complexidade e cualificación. Toman decisións ou participan na súa elaboración, así como na definición de obxectivos concretos. Desempeñan as súas funcións cun alto grao de autonomía, iniciativa e responsabilidade.

Con titulación universitaria de grao superior ou coñecementos equivalentes equiparados pola empresa e con experiencia consolidada no exercicio do seu sector profesional.

4.2. Nivel II.

Son traballadores que cun alto grao de autonomía, iniciativa e responsabilidade realizan tarefas técnicas complexas, homoxéneas ou heteroxéneas, ou que teñen un alto contido intelectual ou de interrelación humana. Tamén aqueles responsables directos da integración, coordinación e supervisión de funcións, realizadas por un conxunto de colaboradores nunha mesma unidade funcional.

Coa titulación universitaria de grao medio ou coñecementos equivalentes equiparados pola empresa, completada cunha experiencia dilatada no seu sector profesional.

4.3. Nivel III.

Son aqueles traballadores que, con ou sen responsabilidade de mando, teñen un contido medio de actividade intelectual ou de interrelación humana, cun nivel de complexidade técnica media e autonomía dentro do proceso establecido. Igualmente, aqueles cun traballo que requira amplos coñecementos e destreza dentro das diferentes especialidades ou un excepcional dominio dalgunha delas, sendo necesario acada-lo máximo nivel profesional.

Coa formación profesional de segundo grao ou coñecementos equivalentes equiparados pola empresa, complementada cunha experiencia contrastada no posto de traballo.

4.4. Nivel IV.

Son aqueles traballadores que, aínda que realizan tarefas con instruccións precisas, necesitan coñecementos profesionais, aptitudes prácticas ou esixencia de razoamento, comportando, en todo caso, responsabilidade na execución aínda que baixo algún tipo de supervisión.

Con formación profesional de primeiro grao ou coñecementos equivalentes equiparados pola empresa, con experiencia prolongada no posto de traballo ou cualificación específica con ampla experiencia e formación.

4.5. Nivel V.

Son traballadores que realizan tarefas segundo instruccións concretas, con alto grao de dependencia ou supervisión, que requiren coñecementos profesionais de carácter elemental ou un curto período de adaptación. Igualmente, aquelas que signifiquen a simple achega de esforzo físico.

Con formación a nivel de graduado escolar, certificado de escolaridade ou equivalente.

4.6. Outros.

Non obstante, en caso de que se consideren insuficientes os cinco niveis anteriores, poderanse crear subniveis que se adaptarán á definición do nivel de pertenza.

En todo caso, o número de subniveis será dun por nivel ata un máximo de tres.

5. Aplicación.

5.1. Será obxecto de negociación a adaptación ó sistema de clasificación profesional antes descrito.

A parte social acepta o cronograma presentado pola empresa o 3-3-1999 para a súa negociación.

Mentres non estea correctamente adaptado o sistema de clasificación profesional, respectaranse as normas sobre polivalencia vixentes na empresa.

5.2. A nova clasificación profesional non afectará á valoración de postos de traballo existentes na empresa, agás que se chegue a acordo en contra.

Artigo 26º.-Mobilidade funcional.

1. Enténdese como mobilidade funcional, dentro do mesmo centro de traballo:

-Cambio de nivel ou subnivel onde o houbese, dentro do mesmo grupo funcional.

-Cambio de grupo funcional dentro do seu nivel.

2. Cambio de nivel dentro do mesmo grupo funcional.

A dirección da empresa, a teor das necesidades organizativas, técnicas ou productivas, poderá destina-los traballadores a funcións que supoñan cambio de nivel, dentro do mesmo grupo funcional, tanto de forma temporal como con carácter indefinido.

2.1. Por razóns organizativas, técnicas e productivas de carácter temporal, entendéndose por tales as non superiores a 6 meses -salvo nos casos de substitución por ILT, servicio militar e excedencia os traballadores poderán ser destinados á realización de tarefas de diferente nivel dentro do seu grupo funcional.

Se o cambio implica retribucións superiores, percibirán as do posto de destino. En todo caso, garantirase a percepción das retribucións do nivel de orixe.

O dito traslado notificaráselle simultaneamente ó interesado e ós representantes dos traballadores.

A notificación ós representantes dos traballadores incluirá:

-Causas que motivan o cambio.

-Nome dos traballadores afectados e destino.

-Duración estimada dos traslados.

O traballador consolidará o seu encadramento no nivel superior se realizase as ditas funcións durante máis de seis meses nun ano ou nove meses en dous anos, agás nos supostos de substitución por ILT, servicio militar e excedencia.

Unha vez concluída a duración do traslado, reintegrarase o traballador ó seu nivel de orixe.

2.2. As discrepancias que, se é o caso, puidesen xurdir entre a empresa e os traballadores na aplicación do establecido no punto 2.1, someteranse ó procedemento de solución de conflictos establecido no capítulo VI do presente convenio colectivo.

2.3. Por razóns organizativas, técnicas ou productivas, a dirección da empresa, logo de comunicación ós representantes dos traballadores, poderá destina-los traballadores con carácter indefinido á realización de tarefas de nivel superior dentro do seu grupo funcional, de acordo coas normas de ascenso e promoción existentes ou que se pacten na empresa.

2.4. Por razóns organizativas, técnicas ou productivas, a dirección da empresa, logo de acordo, en cada caso, cos representantes dos traballadores, poderá destina-los traballadores con carácter indefinido á realización de tarefas de nivel inferior dentro do seu grupo funcional. En caso de desacordo, seguirase o procedemento previsto para a solución dos conflictos de traballo establecido no capítulo VI deste convenio colectivo. En todo caso, garantirase a percepción das retribucións do nivel de orixe.

3. Cambios de grupo funcional.

Perante a existencia de necesidades de cobertura de postos nun determinado grupo funcional e de excedentes noutro, a dirección da empresa, despois da negociación cos representantes dos traballadores, poderá modifica-lo grupo funcional dos traballadores, sen cambio de nivel, sempre e cando se lles faciliten os coñecementos e habilidades necesarios para o desempeño do novo posto asignado, se a iso houbese lugar.

Garantiranse, a nivel persoal, as retribucións que viñese percibindo o traballador, aplicándose as normas de compensación e absorción establecidas no artigo 6º do presente convenio colectivo.

Transcorrido un prazo de 15 días sen acordo no seo da empresa, seguirase o procedemento previsto para a solución de conflictos de traballo establecido no capítulo VI deste convenio colectivo, elevándose directamente á comisión de resolución de conflictos e dándose por cumprido o trámite previsto no punto 1.3. a) do citado artigo.

4. Entenderase que o acordo previsto para o efecto polo artigo 41.1º do Estatuto dos traballadores queda debidamente cumprido co presente apartado.

5. Mentres non sexa de aplicación o establecido neste artigo, manterase o artigo 36 do convenio colectivo de 1991/1992 sobre mobilidade e dispoñibilidade de persoal.

Capítulo V

Emprego

Artigo 27º.-Política sobre emprego.

1. A aplicación e desenvolvemento deste convenio colectivo realizarase dentro dunha formulación prioritaria do emprego na empresa.

1.1. Configúrase como obxectivo prioritario o mantemento do emprego. Neste sentido, a empresa comprométese a non adoptar, durante a súa vixencia, medidas de extincións de contratos por causas tecnolóxicas ou económicas que non fosen previamente pactadas con representantes dos traballadores.

2. Procederase a optimiza-la cualificación dos cadros de persoal a través dun máximo aproveitamento das vantaxes derivadas do Acordo Nacional de Formación Continua, do 16 de decembro de 1992, así como o acordo ratificado o 19 de abril de 1993, no ámbito do sector do metal, para conseguir un desenvolvemento persoal e profesional dos traballadores, unha maior eficiencia económica que mellore a competitividade da empresa e a adaptación ós cambios motivados tanto por procesos de innovación tecnolóxica como novas formas de organización do traballo.

Capítulo VI

Procedementos de solución de conflictos

de traballo

Artigo 28º.-Procedementos de solución de conflictos de traballo.

Para a interpretación e mellor cumprimento das cláusulas deste convenio, para disipar cantas dúbidas puidesen derivarse da súa aplicación e soluciona-los conflictos de traballo, tanto colectivos como individuais, que durante a súa vixencia puidesen suscitarse no seo da empresa, créase o órgano e procedemento que a seguir se establece, coas particularidades previstas nos artigos 26º.3 (mobilidade funcional) e 27º puntos 1.1 e 2 (política sobre emprego).

1. Conflictos colectivos de traballo.

1.1. Ámbito obxectivo.

O procedemento de solución dos conflictos que a seguir se regula será de aplicación ós seguintes conflictos colectivos de traballo:

a) Conflictos de interese no ámbito das relacións colectivas de traballo.

b) Conflictos de interpretación ou aplicación do convenio colectivo.

c) Conflictos de interpretación ou de aplicación de decisión ou práctica da empresa.

1.2. Suxeitos lexitimados.

Estarán lexitimados para inicia-los citados procedementos aqueles suxeitos que, de conformidade coa lexislación vixente, se atopan facultados para promove-los conflictos colectivos.

1.3. Órganos e procedementos.

a) Comisión paritaria do convenio colectivo.

A comisión paritaria do convenio colectivo asumirá as competencias en materia de resolución dos conflictos colectivos anteriormente indicados que puidesen suscitarse no seo da empresa.

O conflicto colectivo formalizarase por escrito perante a comisión paritaria. Por acordo dela poderase solicita-la actuación mediadora da Inspección de Traballo.

A comisión paritaria resolverá o conflicto mediante decisión adoptada por acordo do 60% de cada unha das partes que a compoñen. Esta decisión producirá os efectos dun convenio colectivo.

2. Conflictos individuais de traballo.

2.1. Ámbito obxectivo.

O procedemento de solución dos conflictos que a seguir se regula será de aplicación ós conflictos individuais de traballo que se susciten en relación con calquera das materias recollidas no convenio colectivo.

2.2. Suxeitos lexitimados.

Estarán lexitimados para inicia-los citados procedementos os traballadores da empresa que consideren lesionados os seus dereitos nas materias anteriormente referidas.

2.3. Órganos e procedementos.

a) Comisión paritaria do convenio colectivo.

A comisión paritaria do convenio colectivo asumirá as competencias de resolución dos conflictos individuais de traballo que se susciten no seu ámbito.

O conflicto individual formalizarase por escrito ante a comisión paritaria.

O conflicto quedará resolto por acordo adoptado por maioría de cada unha das partes integrantes da comisión. Este acordo será notificado ós interesados.

De non se acada-lo citado acordo, e en todo caso transcorridos 5 días hábiles desde a formalización do conflicto sen que se adoptase ningunha solución, a comisión levantará a acta correspondente, facilitándolles copia ós interesados e dando traslado dela, xunto con toda a información de que dispoña, ó árbitro designado para tal fin, nun prazo máximo de 24 horas.

b) Árbitro.

O convenio colectivo regulará a arbitraxe como procedemento para a resolución dos conflictos individuais de traballo que non obtivesen solución na correspondente comisión paritaria do convenio.

A dita arbitraxe será realizada por un árbitro a designación do cal lle corresponderá á comisión paritaria do convenio colectivo.

Para o exercicio da súa función, poderá solicitar toda a información que coide necesaria.

Garantiranse no procedemento a audiencia das partes e os principios de igualdade e contradicción.

O laudo arbitral deberá ser motivado e notificado ás partes en conflicto no prazo máximo de dez días hábiles desde o inicio da súa actuación.

O laudo arbitral terá carácter vinculante e de obrigado cumprimento, terá forza de convenio colectivo.

Capítulo VII

Disposicións sociais

Artigo 29º.-Promoción, formación, provisión de vacantes e ascensos.

1. Promoción, vacantes e ascensos.

Para as vacantes que se produzan e sexa preciso cubrir, terá preferencia o persoal do cadro que reúna as condicións referidas para o posto de que se trate, debendo someterse ás probas correspondentes.

Os traballadores que posúan títulos académicos ou profesionais debidamente homologados terán preferencia para cubri-las vacantes que se produzan en que requiran a dita titulación, debendo someterse ás probas correspondentes.

Unha comisión paritaria efectuará un estudio detallado por grupos profesionais, decidíndose, con base na nova clasificación profesional, un sistema de promocións e ascensos.

2. Formación.

Neste ano iniciarase un plan de formación incardinado nos obxectivos xerais da empresa, e cunha programación que atenderá o desenvolvemento e capacitación do persoal, tanto nas áreas de perfeccionamento profesional e de especialización gremial, como nas formacións específicas que faculten a dispoñibilidade para exercer outras especialidades.

A dita programación constará de varios ciclos cun número de horas lectivas, teóricas e prácticas que, unha vez realizadas, facultarán a promoción económica e profesional do cadro de persoal. A confección e desenvolvemento deste plan farase de forma gradual e a súa aplicación acordarase co comité de empresa.

3. Gratificación por formación.

Tódolos cursos impartiranse preferentemente na empresa e fóra da xornada de traballo, establecéndose unha gratificación de 694 ptas. por hora de asistencia para aqueles que se impartan fóra da dita xornada.

Os traballadores que asistan a cursos durante a xornada de traballo percibirán durante o tempo de asistencia a eles as percepcións medias do seu centro de traballo e categoría profesional.

Artigo 30º.-Permisos, excedencias e ausencias.

A) Permisos retribuídos.

Logo de aviso, sempre que sexa posible, e xustificación, terase dereito a permiso retribuído polos motivos e tempo que se sinalen no artigo 37 do Esta

tuto dos traballadores, agás naqueles casos que a seguir se detallan:

a) Dezasete días naturais en caso de matrimonio.

b) Dous días laborables en caso de nacemento de fillo.

c) Un día natural en caso de matrimonio de fillos, irmáns ou pais.

d) Tres días naturais en caso de enfermidade grave de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

e) Dous días naturais en caso de falecemento de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Cando, por tal motivo, o traballador necesite facer un desprazamento fóra da provincia para o efecto, o prazo será de catro días naturais.

f) Catro días naturais en caso de falecemento de cónxuxes ou fillo. Cando, por tal motivo, o traballador necesite facer un desprazamento fóra da provincia para o efecto, o prazo será de seis días naturais.

g) Un día natural para asistir a consulta médica de especialista da Seguridade Social.

h) Cando un traballador/a se titule ou estea próximo a facelo (penúltimo curso de carreira) situarase, no posible, en postos que lle permitan mellora-los seus coñecementos técnicos e aplicación á práctica.

Os traballadores estudiantes poderán elixi-la xornada de traballo normal ou a quenda máis conveniente para a realización dos estudios, sempre que sexa compatible coas necesidades da empresa.

Por razóns de estudio, a empresa concederá permiso retribuído para a asistencia a exames, sendo preceptiva a xustificación da dita asistencia.

i) Polo tempo indispensable, para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, rexerá o que esta dispoña en canto á duración da ausencia e á súa compensación económica.

No suposto de que o traballador, por cumprimento do deber ou desempeño do cargo perciba unha indemnización, descontarase o importe dela do salario a que tivese dereito na empresa. O límite que se establece por mes non deberá supera-las 30 horas.

j) Un día por traslado de domicilio habitual.

Cando existan circunstancias moi especiais, os días establecidos poderanse ampliar coa autorización da Dirección de Recursos Humanos.

B) Excedencias.

Terase dereito a pedir excedencia cando se teña unha antigüidade mínima dun ano na empresa, que se concederá por un período comprendido entre tres meses e cinco anos.

A petición de excedencia deberase facer cun mes de antelación. A incorporación ó posto de traballo debe solicitarse un mes antes da data de finalización da dita excedencia.

O comezo de excedencia solicitada por causa de maternidade producirase de forma inmediata. Terá unha duración máxima de 16 semanas.

Poderá solicitar unha situación de excedencia todo aquel traballador en activo que teña un cargo sindical con relevo provincial, ben sexa do seu respectivo sindicato ou da Comunidade Autónoma ou estatal en calquera das súas modalidades. O traballador permanecerá na citada situación mentres exerza o seu cargo e regresará á empresa, se así o solicitase, co límite dun mes antes de que finalice no desempeño das súas funcións. Nesta situación, conservará a percepción económica e a antigüidade.

C) Ausencias.

C.1. Ausencias por parto e período de lactación.

As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada laboral en media hora coa mesma finalidade.

Este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola nai ou o pai en caso de que ambos traballen.

C.2. Servicio militar obrigatorio ou substitutivo.

Reservaráselle o posto de traballo durante o tempo que permaneza no servicio e ata dous meses máis tarde de o ter rematado. Este tempo contabilizarase para efectos de antigüidade e pagas extraordinarias de xullo, setembro e decembro.

Artigo 31º.-Seguro colectivo.

Seguro de vida.

A empresa indemnizará por:

Cobertura económica:

a) Falecemento (que non sexa causado por accidente laboral): 2.500.000 ptas.

b) Incapacidade permanente total cando se orixine baixa na empresa: 2.500.000 ptas.

c) Incapacidade absoluta ou gran invalidez: 2.500.000 ptas.

d) Falecemento por accidente laboral: 5.000.000 de ptas.

e) Os efectos económicos deste artigo non terán carácter retroactivo. A súa entrada en vigor será no momento do asinamento deste convenio colectivo e aplicarase a tódalas situacións que teñan a súa orixe a partir deste momento.

Esta garantía estenderase, así mesmo, a aqueles traballadores que, incluídos na póliza, se atopen en situación de invalidez provisional, servicio militar e permiso de ata 89 días. A dita garantía manterase mentres permanezan nas referidas situacións.

A baixa na empresa por calquera causa, independentemente das anteriores, producirá a anulación daquela garantía ó traballador afectado.

Artigo 32º.-Persoal de capacidade diminuída.

A aqueles traballadores que durante a vixencia deste convenio deixen de prestar servicio na empresa como consecuencia dunha incapacidade permanente total ou absoluta, garantiránselles unhas prestacións complementarias por conta da empresa, xa sexa mediante complemento mensual, xa mediante a percepción dunha cantidade a tanto alzado.

A dirección da empresa e os representantes dos traballadores negociarán a fórmula que se aplicará.

Artigo 33º.-Economato.

Mantéñense as condicións actualmente en vigor. O paquete de Nadal mantense tanto en calidade coma en cantidade do último ano e será negociado entre o comité de empresa e a empresa.

O crédito anual establécese en 48.000 ptas. para deducir, como máximo, en doce mensualidades, computándose a amortización mensual dentro dos anticipos a que legalmente teñan dereito.

As partes asinantes comprométense ó estudio doutras fórmulas alternativas á actual do economato, dentro do marco da nosa pertenza á CEE, durante o período de vixencia do presente convenio.

Artigo 34º.-Axudas a estudio e comedores.

Destinarase a cantidade de 2.100.000 pesetas anuais, en concepto de axudas ó estudio, realizando a súa distribución unha comisión formada por representantes da dirección e do comité de empresa.

A empresa comprométese a fomentar e desenvolver actividades culturais e deportivas.

Manterase o actual servicio de comedores.

Artigo 35º.-Incapacidade laboral transitoria.

Todo traballador en situación de baixa por ILT será complementado ata acada-lo 100% da base reguladora corrspondente.

Este complemento percibirase, en cada período, a partir do día 13 de baixa. No segundo e seguintes rebaixes do ano aboarase o 50% do salario dos tres primeiros días, o resto dos días ata o duodécimo día, segundo lei.

Todo traballador en situación de baixa por ILT será complementado ata o 100% da base reguladora correspondente desde o primeiro día, no primeiro rebaixe do ano. Se se aprecia un exceso no xustificable do absentismo a final do 1999, unha vez depuradas as estatísticas entre a comisión paritaria e a dirección da empresa, e sempre de común acordo, volverase ó legalmente establecido.

Os traballadores en situación de ILT orixinada por accidente laboral ou enfermidade profesional percibirán o 100% da base regualdora desde o primeiro día.

No suposto de se atopar en réxime de institución cerrada, percibirase un complemento ata o 100% desde o primeiro día, deixando de a percibir cando

o traballador cause baixa na empresa por calquera motivo.

Os efectos económicos deste artigo serán desde o 1-1-1999.

Artigo 36º.-Axudas a fillos diminuídos.

Establécese unha póliza cunha mutualidade de previsión social para fillos de traballadores que se atopen na dita situación.

Artigo 37º.-Comité de saúde laboral e plan de seguridade.

Farase efectiva a participación do comité de empresa en tódolos aspectos relativos á saúde e á seguridade.

Porase en práctica o plan de seguridade no que a prevención é o obxectivo fundamental, segundo o regulamento vixente.

Capítulo VIII

Acción sindical na empresa

Artigo 38º.-Da acción sindical.

A empresa Imenosa regulará as súas relacións coas organizacións sindicais ó abeiro do disposto no Estatuto dos traballadores, Lei orgánica de liberdade sindical e no acordo sobre participación sindical na empresa pública.

1. Participación nos consellos de administración e comisión de seguimento.

1.1. Recoñécese e garántese a participación sindical na empresa mediante a incorporación dos representantes sindicais ó consello de administración.

Mantendo a necesaria confidencialidade de determinados documentos, cando así se exprese, a representación sindical terá acceso ós plans operativos, auditorías, plans estratéxicos, etc., da sociedade.

1.2. Terán dereito a participar aquelas organizacións sindicais que obtivesen, polo menos, un vintecinco por cento do número de delegados de persoal e membros do comité de empresa.

1.3. A incorporación e destitución dos representantes sindicais no consello de administración farase conforme os seguintes criterios:

1º Haberá un representante por cada un dos sindicatos con dereito a participar. No suposto de que soamente un sindicato tivese máis do 25% do número de delegados de persoal ou membros do comité de empresa, terá dereito a dous representantes no consello de administración.

2º Os sindicatos proporanlle á empresa os nomes dos seus representantes no consello. Do mesmo xeito, notificarán a destitución dos ditos representantes e a proposta das persoas que os substitúan.

Tanto os nomeamentos como as destitucións levaranse a cabo conforme os procedementos ordinarios.

3º Os membros dos consellos propostos polas organizacións sindicais terán os mesmos dereitos e deberes que o resto dos administradores.

1.4. A comisión de seguimento, no seo da empresa, formada polos membros do comité de dirección, por parte da empresa a dita comisión estará encabezada polo presidente, conselleiro delegado e/ou director xeral e un representante de cada sindicato con presencia nos órganos de representación dos traballadores na empresa.

Así mesmo, poderán formar parte desta comisión un representante por cada organización sindical que conte cun mínimo do 10% dos delegados de persoal ou membros do comité de empresa elixidos na empresa.

Igualmente poderá formar parte desta comisión un representante por cada organización sindical que teña a cualificación de máis representativa no ámbito da súa Comunidade Autónoma, sempre que teña representación no comité de empresa ou delegados de persoal do centro de traballo sito na súa comunidade.

A comisión reunirase cunha periodicidade bimestral e tratará os aspectos propios do comité de dirección, como son:

-Introducción de novas tecnoloxías e novos métodos de organización do traballo.

-Plans operativos.

-Auditorías.

-Plans estratéxicos.

2. Dereitos de información e consulta.

2.1. Contratación.

Nos casos de novas contratacións, baixas, renovacións, modificacións de contratos, etc., a empresa entregaralles ós representantes dos traballadores e/ou sindicatos representativos copia íntegra do contrato.

No asinamento das liquidacións estará presente un representante sindical, por petición do interesado.

2.2. Subcontratación.

Os representantes dos traballadores serán informados, a través do mecanismo que se determine en cada empresa, dos procesos de subcontratación de obras e servicios propios da actividade da empresa. Nos casos en que a subcontratación de que se trate poida afectar ó volume de emprego, a decisión ten que ser negociada previamente cos representantes dos traballadores.

2.3. Modificación da estructura e titularidade da empresa.

Información e consulta previa ós representantes dos traballadores en todos aqueles supostos de modificación da estructura e titularidade da empresa, sexa cal for a forma en que esta se concrete (segregación, fusión, absorción, venda, etc.). Na dita

consulta analizaranse tódalas cuestións legalmente permitidas.

Artigo 39º.-Do comité de empresa.

A participación dos traballadores canalizarase a través do comité de empresa, que é o órgano representativo da totalidade deles, con excepción dos sinalados no Estatuto dos traballadores, coas funcións e atribucións recoñecidas legalmente, tendo como misión principal a defensa dos intereses dos seus representados ante a dirección da empresa.

Os membros do comité de empresa terán dereito a 30 horas mensuais de tempo sindical por cada un dos seus compoñentes, co fin de realiza-las súas funcións sindicais.

O tempo empregado nas reunións coa dirección da empresa non se computará na marxe de 30 horas indicada anteriormente. Tendo en conta a especial dedicación que, por parte dalgúns membros do comité, puidese existir en determinados problemas, a dirección da empresa terá a necesaria flexibilidade no cómputo de horas. As horas destinadas ás actividades sindicais por parte dos membros do comité de empresa poderanse contabilizar acumuladas para cada unha das candidaturas presentadas ás eleccións sindicais.

Os membros do comité de empresa non poderán ser discriminados económica ou profesionalmente por causa do desempeño da súa representación.

O comité de empresa recibirá información de forma periódica sobre a situación da empresa e sobre todos aqueles feitos de trascendencia que a afecten, especialmente no aspecto do emprego.

Co fin de garanti-lo seu sostemento, a dirección da empresa asumirá os gastos de materiais e desprazamentos que poida orixina-lo dito comité.

Artigo 40º.-Dos sindicatos.

A empresa recoñece as seccións sindicais das centrais.

Dereitos sindicais.

a) As seccións sindicais daquelas centrais legalmente constituídas, con representación no comité de empresa, terán dereito a un (1) delegado sindical. Estes delegados terán idénticas garantías que os membros do comité de empresa.

b) Utilización de 30 horas ó mes por delegado.

c) Disposición dun taboleiro de anuncios.

d) Disposición dun local.

e) Desconto na nómina da cota sindical, con petición previa expresa dos traballadores afiliados.

f) Reunión nos locais da empresa e fóra de horas de traballo dos traballadores afiliados, de acordo coa normativa vixente.

g) Permiso de entrada nos centros de traballo dos dirixentes sindicais con representación a nivel provincial, autonómico e estatal, logo de petición á dirección.

Funcións dos delegados sindicais.

1º Representar e defende-los intereses do sindicato ó que represente e dos seus afiliados, así como servir de instrumento de comunicación entre a central ou o sindicato e a dirección da empresa. Para cumprir este fin, a dirección da empresa manterá informados os delegados sindicais daqueles feitos de transcendencia que afecten ós traballadores en xeral e ós afiliados ó sindicato, tales como reestructuración de cadros de persoal, regulacións de emprego, traslado de traballadores, cando revista carácter colectivo, ou ben trasaldo do centro de traballo en xeral, así como sobre todo proxecto ou acción empresarial que poida afectar substancialmente os intereses dos traballadores.

2º Poderán repartir propaganda sindical e manter reunións cos traballadores. Así mesmo, poderán recadar cotas dos seus afiliados.

3º Co fin de facilita-la difusión daqueles avisos que lles puidesen interesar ós respectivos afiliados ó sindicato e ós traballadores en xeral, a empresa porá ó dispor do sindicato, do que ten a representación o delegado, un taboleiro de anuncios que deberá instalarse no interior da empresa nun lugar onde se garanta, na medida do posible, un acceso adecuado a el por parte dos traballadores.

Os delegados sindicais comprometeranse ó uso exclusivo dos taboleiros de anuncios, respectando os muros e paredes da factoría.

4º En materia de reunións, ámbalas partes axustarán a súa conducta á normativa vixente no relativo a procedemento.

5º Serán informados, así mesmo, dos despedimentos e sancións por faltas moi graves que afecten ós afiliados ó sindicato, pondo previamente no seu coñecemento as citadas medidas disciplinarias.

6º A sala de xuntas do comité de empresa poderá ser utilizada polos sindicatos ou as centrais.

Capítulo IX

Disposicións varias

Artigo 41º.-Vixencias das restantes condicións de traballo.

As restantes condicións de traballo, non reguladas expresamente neste convenio, continuarán vixentes.

Artigo 42º.-Vinculación á totalidade.

O contido deste convenio forma unha unidade indivisible e calquera das súas normas carecerá de valor se este non é aprobado na súa totalidade.