Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 02 de xullo de 1999 Páx. 8.540

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXAVIGO-CAIXA OURENSE

ANUNCIO de fusión.

As asembleas xerais da Caixa de Aforros Municipal de Vigo e da Caixa de Aforros Provincial de Ourense, celebradas o día 29 de xuño de 1999 adoptaron, entre outros, o acordo de fusión, de conformidade co procedemento establecido no artigo 24 b) da Lei 4/1996, do 31 de maio, da presidencia da Xunta de Galicia, reguladora das Caixas de Aforro de Galicia, de Caixa de Aforros Municipal de Vigo e Caixa de Aforros Provincial de Ourense quedando esta última caixa disolta sen liquidación e traspasando en bloque á Caixa de Aforros Municipal de Vigo a título de sucesión universal a totalidade do seu patrimonio, pasando a denominarse esta última Caixa de Aforros de Vigo e Ourense.

Ó aborda-la modalidade de integración das entidades Caixa de Aforros Municipal de Vigo e Caixa de Aforros Municipal de Ourense, estas guiáronse polos principios de racionalidade, economicidade, competitividade e moi especialmente polo de ponderación e equilibrio entre iguais e, de acordo con tales principios, e cos obxectivos de maximiza-lo valor patrimonial da caixa resultante da fusión, preserva-la capacidade operativa e funcional da mesma e minimiza-los custos directos e indirectos inherentes a todo proceso de fusión, optouse por levar a cabo a devandita integración de conformidade co procedemento establecido no artigo 24 b) da Lei 4/1996, do 31 de maio, da presidencia da Xunta de Galicia reguladora das Caixas de Aforros de Galicia, que, na opinión das entidades participantes na fusión, é o máis adecuado ós principios antes indi

cados de racionalidade, economicidade, competitividade e que non vulnera o de ponderación e equilibrio entre iguais, sendo respectuoso coa historia das entidades que se integran, co futuro institucional da caixa resultante da fusión e co acordado no protocolo de integración subscrito pola Caixa de Aforros Municipal de Vigo, Caixa de Aforros Provincial de Ourense e Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra o 15 de marzo de 1999.

Para os efectos previstos nos artigos 242 e 243 da Lei de sociedades anónimas faise constar expresamente o dereito dos conselleiros xerais e dos acredores a obte-lo texto íntegro do acordo e do balance de fusión así como o dereito que asiste os acredores a oporse á fusión das entidades Caixa de Aforros Municipal de Vigo e Caixa de Aforros Provincial de Ourense.

Vigo, 22 de xuño de 1999.

Ramón Cornejo Molíns

Caja de Ahorros Municipal de Vigo

Manuel Bermúdez Couso

Caja de Ahorros Provincial de Ourense