Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 02 de xullo de 1999 Páx. 8.540

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

REDES DE TELECOMUNICACIÓN GALEGAS, RETEGAL, S.A.

ANUNCIO polo que se convoca proceso selectivo para a contratación dun posto.

O director-xerente de Redes de Telecomunicación Galegas, Retegal, S.A., en execución de acordo do Consello de Administración, acorda convocar proceso selectivo para a contratación da persoa que cubra o posto de traballo que a continuación se relaciona:

Nº de postos: 1.

Posto: técnico de xestión de rede.

Requisitos: enxeñeiro de telecomunicación ou físico electrónico.

A modalidade de contratación deste persoal será a de laboral fixo.

Os candidatos terán que achegar á solicitude todos aqueles documentos que acrediten os méritos que aleguen, expediente académico, currículum vitae e fotografía.

A selección dos candidatos consistirá na aplicación dun baremo, que será facilitado a quen o solicite, así como a información complementaria que considere oportunas nas dependencias da sociedade (Edificio Multiusos, baixo. 15820 San Marcos-Santiago de Compostela, teléfono 981 54 67 23.

O prazo para a presentación de solicitudes e ademais documentación será dun mes contado a partir da data de publicación no Diario Oficial de Galicia do presente acordo.

Jorge Reus García-Bedoya

Director-xerente de Retegal, S.A.