Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 02 de xullo de 1999 Páx. 8.539

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

ANUNCIO do 10 de maio de 1999, da Dependencia de Recadación de Barcelona, de citación para notificación por comparecencia. (Referencia: 99.2.1.11.003).

De conformidade co disposto no artigo 105.6º da Lei xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro (BOE do 31), o

xefe da Dependencia Provincial de Recadación de Barcelona da Axencia Estatal de Administración Tributaria fai saber que, ó non ser posible, por causas non imputables á Administración tributaria, realiza-las notificacións ós interesados ou ós seus representantes nos procedementos que se indican na relación que segue, e intentándose estas de conformidade co establecido no artigo 105 da Lei xeral tributaria, se citan estes, especificados na mencionada relación, para que no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, comparezan na Unidade de Recadación para Débedas de Menor Contía da Dependencia Provincial de Recadación da AEAT en Barceloma, situada no Passeig de Josep Carner, 33 planta baixa, de Barcelona, para poderen ser notificados regulamentariamente.

En caso de non comparecer no prazo e lugar sinalados, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do seu vencemento.

Barcelona, 10 de maio de 1999.

J. Ignacio Mora Artiga

Xefe da Dependencia Provincial de Recadación