Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 02 de xullo de 1999 Páx. 8.523

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1999 pola que se anuncia o sometemento á información pública da petición de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA no río Racamonde, xunto cos proxectos e estudios de avaliación ambiental do concurso AC/46/98.

Neste organismo autónomo Augas de Galicia recibíronse varias peticións de outorgamento de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico con potencia nominal de ata 5.000 kVA dun tramo libre do río Racamonde, presentadas cos proxectos das obras e instalacións e estudio ambiental correspondentes.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbese o peticionario do aproveitamento solicitado, onde figuran os datos máis relevantes que o definen, ademais dunha breve descrición das obras que se van executar, facendo consta-la petición de declaración de utilidade pública do aproveitamento para os efectos de expropiación forzosa, e a relación concreta na que se recollen os bens e/ou dereitos afectados cos seus propietarios. Tamén se fai mención da clase de estudio ambiental achegado polo promotor, logo da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo o dispón a lexislación vixente.

Con este anuncio, para lle dar cumprimento ó disposto nos artigos 6 do R.D. 916/1985, do 25 de maio, en concordancia co artigo 2.1º do dito R.D. 916/1985 segundo a redacción establecida polo R.D. 249/1988, do 18 de marzo, e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regulan a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométese de forma simultánea, unha vez rematadas as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, a petición e documentación técnica e ambiental que se trata en concreto no anexo para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular por escrito cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións consideren procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no

encabezamento e o proxecto ou estudio do peticionario ó que se refiran), persoalmente ou

por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Edif. Advos. San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostela, e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir da data da derradeira das publicacións que corresponden facer desta resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña. Transcorrido este período de tempo non se admitirá nin se terá en conta ningún escrito.

Para os expresados efectos, este anuncio, ademais da súa inserción nos diarios oficiais mencionados, será obxecto de exposición ó público no taboleiro de anuncios da casa do Concello de San Sadurniño (A Coruña).

Este trámite realízase igualmente para os fins do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, cando os titulares dos bens e/ou dereitos propostos polo peticionario sexan descoñecidos e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal no seu momento as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

Os que se consideren interesados terán, para os devanditos efectos informativos, á súa disposición copia da petición e dos exemplares da documentación técnica e estudio ambiental para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

-Proxectos das obras constitutivas do aproveitamento e das instalacións electromecánicas da central, subestacións de transformación e liñas de media e baixa tensión:

* Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Edif. Advos. San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostela.

* Delegación Provincial da Coruña da Consellería de Industria e Comercio: Edif. Advos. Monelos, Praza de Luis Seoane, 1ª planta, 15008 A Coruña.

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Os Feáns, 1-3, 15706 Santiago de Compostela.

-Estudio de efectos ambientais.

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental.

* Delegación provincial de Medio Ambiente da Coruña: Praza de Luis Seoane, s/n, 15008 A Coruña.

* Concello de San Sadurniño: Avda. Marqués de Figueroa, s/n, 15560 San Sadurniño (A Coruña).

Santiago de Compostela, 6 de maio de 1999.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia

ANEXO

Relación de peticionarios

Peticionario e promotor: Aprenar, S.L.

Enderezo: r/ Beado, 43, Rocha Vella, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña).

Representante: Jesús María Fernando Díaz Vázquez.

Denominación do aproveitamento: central hidroeléctrica do Bargo.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal de deseño: 225 l/sg do río Racamonde e 115 l/sg do río Carboeiras.

Correntes de derivación: ríos Racamonde (cota normal de encoro: 302) e Carboeiras (cota normal de encoro: 302).

Corrente de restitución: río Castro (cota de finalización: 55).

Desnivel (salto bruto): 245 m en ámbolos casos.

Altura do azude: 2,7 m para ámbolos ríos (altura sobre fondo de cimentación).

Potencia xerador: 619 kW.

Termo municipal onde radica a toma e demais obras: concello de San Sadurniño (A Coruña).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

-Azude e obra de toma:

Azudes de gravidade, planta recta e altura reducida (2,20 m) sobre fondo do leito actual, iguais para ámbolos ríos. A coroación, de cota 302, actuará como labio vertente en toda a súa lonxitude, que es de 9 m.

Na marxe esquerda do azude do Racamonde arrinca a conducción, despois dun elemento desareador e vertedoiro. Similar solución, pero pola marxe dereita, disponse para o Carboeiras.

Disporanse escalas de peixes.

-Conduccións de derivación:

Tubos de fibrocemento de diámetros 500 mm para o Racamonde e 400 mm para o Carboeiras, con lonxitudes de 600 m e 960 m respectivamente. Enterradas na maior parte do trazado.

-Cámaras de carga e encanamentos forzados:

Os dous encanamentos de derivación conflúen nunha única cámara de carga de formigón armado, da que parte o encanamento forzado.

O encanamento forzado será de aceiro ó carbono, cun diámetro interior de 500 mm, con lonxitude de 650 m. O espesor previsto é de 7 mm.

-Central:

Haberá un edificio único que conterá as turbinas de ámbolos saltos. As dimensións en planta serán de 20x8 m.

-Equipos electromecánicos:

As turbinas serán do tipo Pelton de dous chorros cunha potencia de 666 kW e unha velocidade nominal de 1.000 r.p.m.

O xerador será asíncrono, cunha potencia de 750 kVA, unha tensión de xeración de 6,6 kV e unha frecuencia de 50 Hz.

Tamén haberá un transformador de potencia de 800 kVA a 6,6/20 kV.

Ademais instalaranse diversos equipos auxiliares.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalación para os fins da necesaria expropiación forzosa, os que de seguida se indican cos seus propietarios:

ConcelloPolígonoNº predioPropietarioLonx.

afectada (m)

Superficie afectada (m)Elemento de

afección

San SadurniñoP31430Galdo Allege, Juana-54Azude toma

Carboeiras

San SadurniñoP31510López Galdo, Victoriano-88Azude toma e

inicio

Conducc.

Carboeiras

San SadurniñoP31432Galdo, Manuel54,4244,8Conducción

Carboeiras

San SadurniñoP31505Galdo, Manuel52,2118,39Conducción

Carboeiras

San SadurniñoP31506Galdo Prieto, Blas-5Conducción

Carboeiras

San SadurniñoP31535Redondo Gadeiras, José Mª34153Conducción

Carboeiras

San SadurniñoP31498Galdo Doce, Manuela1776,5Conducción

Carboeiras

San SadurniñoP31499Galdo, Manuel158,8360,16Conducción

Carboeiras

San SadurniñoP31497Galdo Prieto, Blas34153Conducción

Carboeiras

San SadurniñoP31496Galdo, Manuel56,7255,15Conducción

Carboeiras

San SadurniñoP31495Galdo, Manuel28,35127,58Conducción

Carboeiras

San SadurniñoP31494Galdo Prieto, Blas40,82183,69Conducción

Carboeiras

San SadurniñoP31493Piñeiro Buyo, Guillermo21,4146,29Conducción

Carboeiras

San SadurniñoP31490Piñeiro Buyo, Guillermo40,82183,69Conducción

Carboeiras

San SadurniñoP31492Galdo, Manuel11,3451,03Conducción

Carboeiras

San SadurniñoP31488Galdo Prieto, Blas106,6479,7Conducción

Carboeiras

San SadurniñoP31Camiño4,520,25Conducción

Carboeiras

San SadurniñoP2857Puentes Pereira, Jesús181,44816,48Conducción

Carboeiras

San SadurniñoP2856Prego, Antonio H.R.63,5454,77Conducciones,

cámara e Arr. Enc.

forzado

San SadurniñoP2841Galdo Prieto, Blas63,5285,76Conducción

Rocamonde

San SadurniñoP2840Galdo, Manuel45,36204,12Conducción

Rocamonde

San SadurniñoP28311Descoñecido238,141.071,63Conducción

Rocamonde

San Sadurniño2844Galdo Prieto, Blas74,84336,8Conducción

Rocamonde

ConcelloPolígonoNº predioPropietarioLonx.

afectada (m)

Superficie afectada (m)Elemento de

afección

San SadurniñoP2843Calvo, Severino14,7466,33Conducción

Rocamonde

San SadurniñoP2842Galdo Prieto, Blas18,1481,63Conducción

Rocamonde

San SadurniñoP2832García López, Ascensión20,4191,84Conducción

Rocamonde

San SadurniñoP2831López García, María58,97265,36Conducción

Rocamonde

San SadurniñoP3130García Seijas, Manuel49,9278,53Azude e Conducc.

Rocamonde

San SadurniñoP25228Doce Meizoso, José-4Azude toma

Rocamonde

San SadurniñoP25229López García, Enrique-50Azude toma

Rocamonde

San SadurniñoP28211Rego Vigo, María29,48132,68Encanamento

forzado

San SadurniñoP28210 aRego Vigo, María19,2886,71Encanamento

forzado

San SadurniñoP28209 aÁlvarez Rego, Celia11,3451,03Encanamento

forzado

San SadurniñoP28301Carregado Lorenzo, Dolores4,5420,41Encanamento

forzado

San SadurniñoP28286Folgar Bouz, Josefa13,6161,23Encanamento

forzado

San SadurniñoP28285Rego Soto, Manuela40,82183,71Encanamento

forzado

San SadurniñoP28284Arnoso Calvo, José13,6161,24Encanamento

forzado

San SadurniñoP28283Rego Mera, Andrés22,68102,06Encanamento

forzado

San SadurniñoP28281López Vigo, María15,8871,44Encanamento

forzado

San SadurniñoP28279Rego Soto, Manuela9,0740,82Encanamento

forzado

San SadurniñoP28278Mera Carregado, José20,4191,85Encanamento

forzado

San SadurniñoP28277Romero García, Pedro13,661,23Encanamento

forzado

San SadurniñoP28276Mera Carregado, José56,7255,15Encanamento

forzado

San SadurniñoP28275Prego, Antonio H.R.4,5420,40Encanamento

forzado

San SadurniñoP28269Pita Romero, Andrés22,68102,06Encanamento

forzado

San SadurniñoP28230Prego Soto, Manuela68,04306,18Encanamento

forzado

San SadurniñoP28223Prieto Álvarez, Jesús124,74561,33Encanamento

forzado

San SadurniñoP28142 bisMeizoso García, Antonio-5Encanamento

forzado

San SadurniñoP28143 bPrieto Neira, Manuel38,55173,48Encanamento

forzado

San SadurniñoP28143 aPrieto Neira, Manuel48Encanamento

forzado

San SadurniñoP28144 bTorrente Hermida, José48Encanamento

forzado

San SadurniñoP28144 aTorrente Hermida, José24,95112,27Encanamento

forzado

ConcelloPolígonoNº predioPropietarioLonx.

afectada (m)

Superficie afectada (m)Elemento de

afección

San SadurniñoP28Camiño418Encanamento

forzado

San SadurniñoP25302 (*)Descoñecido-90,02Central

San SadurniñoP25303 (*)Descoñecido-370,35Central

San SadurniñoP28304 (*)García Seijas, Manuel-411,50Central

San SadurniñoP28304García Seijas, Manuel1080Liña eléctrica

San SadurniñoP28303Folgar Bouza, José1080Liña eléctrica

San SadurniñoP28302Folgar Bouza, Hermita1080Liña eléctrica

San SadurniñoP28209Álvarez Rego, Celia44352Liña eléctrica

San SadurniñoP28210Rego Vigo, María64512Liña eléctrica

San SadurniñoP33301Fraga Gómez, Constantina14128Liña eléctrica

San SadurniñoP33208Fraga Gómez, Generosa22176Liña eléctrica

San SadurniñoP33207Casal Castro, Jesús40232Liña eléctrica

San SadurniñoP33206Leiras Grandal, Máximo756Liña eléctrica

San SadurniñoP33205Casal Castro, Jesús24192Liña eléctrica

San SadurniñoP33204Leiras Grandal, Maximino216Liña eléctrica

San SadurniñoP33203Folgar Bouza, José864Liña eléctrica

San SadurniñoP33202Folgar Bouza, María648Liña eléctrica

San SadurniñoP33200Meizoso Anca, María1080Liña eléctrica

San SadurniñoP33197Meizoso López, Joaquín44352Liña eléctrica

San SadurniñoP33196Folgar Bouza, José30240Liña eléctrica

San SadurniñoP33119Prieto Álvarez, Emilia54432Liña eléctrica

San SadurniñoP33647Prego Vigo, María1080Liña eléctrica

San SadurniñoP33166Torrente Soto, María864Liña eléctrica

San SadurniñoP33167Formoso Vigo, Antonio16128Liña eléctrica

San SadurniñoP33156Naveiras García, Ángel18144Liña eléctrica

San SadurniñoP33158Rego Soto, Manuela432Liña eléctrica

San SadurniñoP33157Torrente Soto, María432Liña eléctrica

San SadurniñoP33155Torrente Hermida, José28224Liña eléctrica

San SadurniñoP33153Álvarez Vigo, José216Liña eléctrica

San SadurniñoP33154Álvarez Mera, Fernando20160Liña eléctrica

San SadurniñoP33101Castro Romero, Serafín432Liña eléctrica

San SadurniñoP3393Prieto Álvarez, Emilio20160Liña eléctrica

San SadurniñoP3392Rego Soto, Emilia18144Liña eléctrica

San SadurniñoP3394Casal López, Juan58464Liña eléctrica

San SadurniñoP3390Torrente López, Carmen30240Liña eléctrica

San SadurniñoP3389Torrente Hermida, José16128Liña eléctrica

San SadurniñoP3388Dopico Casal, Avelino216Liña eléctrica

San SadurniñoP3386Formoso Vigo, Antonio432Liña eléctrica

San SadurniñoP3387Solla Penedo, Noemi648Liña eléctrica

San SadurniñoP3385Torrente Soto, Manuel24192Liña eléctrica

San SadurniñoP33275Vigo Fernández, Manuel30240Liña eléctrica

San SadurniñoP34274Soto Seijas, María32256Liña eléctrica

San SadurniñoP34273Hermida Paz, Blas24192Liña eléctrica

San SadurniñoP34272Torrente López, Mª Carmen24192Liña eléctrica

San SadurniñoP34271Álvarez Alvariño, Antonio22176Liña eléctrica

San SadurniñoP34270Montero Castro, María324Liña eléctrica

ConcelloPolígonoNº predioPropietarioLonx.

afectada (m)

Superficie afectada (m)Elemento de

afección

San SadurniñoP34269Alvariño García, Manuel16128Liña eléctrica

San SadurniñoP34244López Vázquez, José20160Liña eléctrica

San SadurniñoP34268Soto López, Ángel22176Liña eléctrica

* Parcelas completas.

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.