Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 02 de xullo de 1999 Páx. 8.528

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1999 pola que se anuncia o sometemento á información pública da petición de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA no río Figueiras, xunto cos proxectos e estudios de avaliación ambiental do concurso LU/25/98.

Neste organismo autónomo Augas de Galicia recibiuse unha petición de outorgamento de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico con potencia nominal de ata 5.000 kVA dun tramo libre do río Figueiras, presentada cos proxectos das obras e instalacións e estudio ambiental correspondentes.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbese o peticionario do aproveitamento solicitado, onde figuran os datos máis relevantes que o definen, ademais dunha breve descrición das obras que se van executar, facendo consta-la petición de declaración de utilidade pública do aproveitamento para os efectos de expropiación forzosa, e a relación concreta na que se recollen os bens e/ou dereitos afectados cos seus propietarios. Tamén se fai mención da clase de estudio ambiental achegado polo promotor, logo da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo o dispón a lexislación vixente.

Con este anuncio, para darlle cumplimento ó disposto nos artigos 6 do R.D. 916/1985, do 25 de maio, en concordancia co artigo 2.1º do dito R.D. 916/1985 segundo a redacción establecida polo R.D. 249/1988, do 18 de marzo, e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regulan a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométese de forma simultánea, unha vez rematadas as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, a petición e documentación técnica e ambiental que se trata en concreto no anexo para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas personas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular por escrito cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións con

sideren procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no encabezamento e o proxecto ou estudio do peticionario ó que se refiran), persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Edif. Advos. San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostela, e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comenzará a contarse e entenderase aberto a partir da data da derradeira das publicacións que corresponden facer desta resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Lugo. Trancorrido este período de tempo non se admitirá nin se terá en conta ningún escrito.

Para os expresados efectos, este anuncio, ademais da súa inserción nos diarios oficiais mencionados, será obxecto de exposición ó público no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Mondoñedo (Lugo).

Este trámite realízase igualmente para os fins do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, cando os titulares dos bens e/ou dereitos propostos polo peticionario sexan descoñecidos e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal no seu momento as dilixencias que se produzcan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

Os que se consideren interesados terán, para os devanditos efectos informativos, á súa disposición copia da petición e dos exemplares da documentación técnica e estudio ambiental para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

-Proxectos das obras constitutivas do aproveitamento e das instalacións electromecánicas da central, subestacións de transformación e liñas de media e baixa tensión:

* Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Edif. Advos. San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostela.

* Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Industria e Comercio: Edif. Advos., Ronda da Muralla, 70, 27071 Lugo.

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Os Feáns, 1-3, 15706 Santiago de Compostela.

-Estudio de efectos ambientais.

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental.

* Delegación Provincial de Medio Ambiente de Lugo: Ronda da Muralla, 197, 27002 Lugo.

* Concello de Mondoñedo: Praza do Concello, s/n, 27740 Mondoñedo (Lugo).

Santiago de Compostela, 6 de maio de 1999.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo de Augas

de Galicia

ANEXO

Relación de peticionarios

Peticionario e promotor: Aprenar, S.L.

Enderezo: r/ Beado, 43, Rocha Vella, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña).

Representante: Jesús María Fernando Díaz Vázquez.

Denominación do aproveitamento: central hidroeléctrica de Figueiras.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal de deseño: 1.600 l/sg.

Corrente de derivación: río Figueiras (cota normal de encoro: 420).

Corrente de restitución: río Figueiras (cota de finalización: 360).

Desnivel (salto bruto): 60 m.

Altura do azude: 2 m (altura sobre cimentos).

Potencia máxima xerador: 694 kW.

Termo municipal onde radica a toma e demais obras: concello de Mondoñedo (Lugo).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

-Azude e obra de toma:

O azude será de gravidade de planta recta e altura de 2 m sobre fondo do cimentación. A coroación,

de cota 421 e lonxitude 8 m, actuará como beizo vertente en toda a súa lonxitude. O volume encorado será duns 315 m. Disporase un desaugadoiro de fondo.

Na marxe dereita arrinca a conducción, despois dun elemento desareador e sumidoiro.

Haberá unha escala de peixes.

-Conducción de derivación:

A conducción de derivación está formada por un tubo de fibrocemento de diámetro 1.000 cm, cunha lonxitude de 450 m, e irá enterrada ata chegar á cámara de carga.

-Cámara de carga e encanamento forzado:

A cámara de carga é de formigón armado e de aquí parte o encanamento forzado, que será de aceiro ó carbono, cun diámetro interior de de 1.000 mm, unha espesura de 6,5 mm, e unha lonxitude de 180 m.

-Central:

A central estará nun edificio de tipo convencional, con dimensións en planta 14x8, no que se aloxarán os equipos electromecánicos.

-Equipos electromecánicos:

A turbina será do tipo Francis de eixe horizontal, cunha potencia nominal de 747,1 kW e unha velocidade de 1.000 rpm.

O xerador será asíncrono, cunha potencia de 825kVA, unha tensión de 6,6 kV e unha frecuencia de 50 Hz.

Completa o equipamento un transformador de potencia de 850 kVA a 6,6/20 kV.

Ademais instalaranse diversos equipos auxiliares.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalación para os fins da necesaria expropiación forzosa, os que de seguida se indican cos seus propietarios:

Concello: Mondoñedo.

PolígonoNº predioPropietarioLonx.

afectada (m)

Superficie

afectada (m)

UsoElemento de

afección

14644-bGarcía González, Josefa85446MonteConducción

1451-bDescoñecido78410MonteConducción

1452-cDescoñecido67,5354MonteConducción

14672Méndez García, Francisco33173MonteConducción

14668García González, Josefa79415MonteConducción

14662Fernández Rego, Francisco22,5118MonteConducción

14663Rodríguez Carracedo, Josefa85446MonteCamar-Carg

14656Rodríguez Carracedo, Ramón41215MonteForzada

PolígonoNº predioPropietarioLonx.

afectada (m)

Superficie

afectada (m)

UsoElemento de

afección

14657Méndez García, Francisco54284MonteForzada

14647-bGarcía Casbella, Ricardo38200MonteForzada

14647-aGarcía Casbella, Ricardo47247MonteForzada

14658Méndez Férnandez, Enrique56294MonteForzada

14660Rejes Palacios, Ramona19,5102MonteForzada

14642Rodríguez Carracedo, Josefa26137PradoForzada

14647-aGarcía Casabella, Ricardo434MonteLiña eléctrica

14647-bGarcía Casbella, Ricardo42353MonteLiña eléctrica

14657Méndez García, Francisco759MonteLiña eléctrica

14658Méndez Fernández, Enrique13109MonteLiña eléctrica

14642Rodríguez Carracedo, Josefa23,5197MonteLiña eléctrica

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.