Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 02 de xullo de 1999 Páx. 8.522

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 1999, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, con procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación da consultoría e asistencia para a redacción dun modelo matriz de control da calidade total na xestión e implantación a 60 centros colaboradores de formación ocupacional homologados e inscritos no censo de centros colaboradores dependente da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude aplicando o modelo europeo de calidade total na xestión para o sector de centros educativos ou formativos non universitarios.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Formación e Colocación.

c) Número de expediente: 29/99.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: redacción dun modelo matriz de control da calidade total na xestión, aplicable ós centros colaboradores de formación ocupacional homologados e inscritos no Censo de Centros Colaboradores dependente da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude implantando o modelo europeo de calidade total na xestión para o sector de centros educativos ou formativos non universitarios. Definición detallada do plan de aplicación, contidos e calendario, a súa implantación experimental en 60 centros elixidos pola Dirección Xeral de Formación e Colocación, o establecemento de titorías ós centros durante a súa aplicación e a realización dun informe sobre os resultados acadados que inclúa accións correctoras e propostas de mellora, así como a formación ó persoal da consellería sobre o modelo implantado.

b) Prazo de execución: ata o 31 de decembro de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 28.800.000 ptas.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do orzamento de licitación: (1.152.000 ptas.).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Subdirección Xeral de Formación Ocupacional.

b) Domicilio: San Caetano s/n (Teléfono: 981 54 54 00).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771.

d) Teléfono: información 981 54 46 92-981 54 56 75.

e) Telefax: 981 54 46 04.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo III, categoría C.

b) Outros requistos: non se esixen.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite da presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

b) Documentación que é preciso presentar: a sinalada na cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas, deberá figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de estaren inscritos no rexistro de contratistas xuntarase grampado no exterior do sobre A o certificado do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

2. Domicilio: San Caetano.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

(ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado pasará ó seguinte día hábil.

e) Hora: 9.30 horas

10. Outras informacións.

11. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 1999.

J. Jaime López Cossio

Director xeral de Formación e Colocación