Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 02 de xullo de 1999 Páx. 8.521

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudio de impacto ambiental das instalacións do parque eólico Petón do Castelo. (Expediente 6/1996).

Para os efectos previstos no artigo 25.3º da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e do artigo 5 do Decreto 442/1990 de avaliación de impacto ambiental para Galicia, sométense a información pública o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudio de impacto ambiental pola empresa Robustiano Bermúdez Méndez, con domicilio social en r/ Cotro, 36-Camariñas, para o parque eólico Petón do Castelo:

Denominación: parque eólico Petón do Castelo.

Situación: concello de Camariñas.

Tódalas persoas físicas ou xurídicas que se consideren interesadas no expediente poderán examina-lo proxecto e estudio citados e presenta-las alegacións que consideren oportunas no prazo dun mes nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña ou mediante calquera outra forma e lugares recollidos no artigo 38 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 17 de xuño de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña