Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 02 de xullo de 1999 Páx. 8.521

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/100-2, 5200 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Concello de Viveiro.

Domicilio social: r/ Praza Maior, nº 1. 27000 Viveiro.

Título: anteproxecto planta de coxeración eléctrica (Viveiro).

Situación: Viveiro.

Descricións técnicas: anteproxecto instalación planta de coxeración de enerxía eléctrica para piscina municipal. Grupo motor-xerador: 1 de 760 kVA, 400 V. Combustible: gasóleo. Trafo interconexión: 1 de 0,4/20 kV 760 kVA. En Lavandeiras-Celeiro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 16 de xuño de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo