Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 02 de xullo de 1999 Páx. 8.522

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 1999 pola que se corrixen erros materiais producidos no prego que rexe a contratación, por concurso público, das obras de restauración do edificio residencia Stella Maris, na illa de San Simón, en Redondela (Pontevedra), anunciado por Resolución do 14 de xuño de 1999, no Diario Oficial de Galicia número 114, do 16 de xuño.

Por Resolución do 14 de xuño de 1999, anunciouse a licitación, polo sistema de concurso, procedemento aberto e trámite de urxencia, das obras de restauración do edificio residencia Stella Maris, na illa de San Simón, en Redondela (Pontevedra).

Advertidos erros materiais no prego de cláusulas administrativas particulares, cómpre face-las oportunas correcións ó amparo do artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A clasificación do contratista requirida non é grupos C-K, subgrupos 1 ó 9, categoría d, senón grupos C e K, subgrupo 7, categoría d.

Ó mesmo tempo, procédese á concesión dun novo prazo de presentación das ofertas, que comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o décimo terceiro día natural.

O acto público de apertura das proposicións levarase a cabo na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, edificio administrativo San Caetano, bloque 3, Santiago de Compostela, ás 10 horas do décimo sexto día natural seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. No caso de que este día coincida en sábado ou festivo, a mesa celebrarase o día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 1999.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo