Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 02 de xullo de 1999 Páx. 8.494

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1999 dos tribunais números 1, 2, 3, 4 e 5 designados para xulga-lo proceso selectivo de acceso ó corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D) convocado por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 30 de decembro de 1997, pola que se fan públicas as puntuacións obtidas na fase de concurso.

En sesión conxunta celebrada o día 1 de xullo de 1999, polos tribunais 1, 2, 3, 4 e 5 designados para xulga-lo proceso selectivo de acceso ó corpo auxiliar da Xunta de Galicia ( grupo D ), e de conformidade co disposto na base II. 1. 4 da convocatoria, acordouse:

1. Publica-las puntuacións obtidas na fase de concurso, como anexo á presente resolución.

2. Outorgar un prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para que os aspirantes que o consideren oportuno poidan presentar reclamación, perante o correspondente tribunal, con sede na Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificio administrativo San Caetano, s/n en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 1999.

Javier Batán RodríguezManuel Silva Romero

Presidente do tribunal nº 1Presidente do tribunal nº 2

Emilio Álvarez ReyJosé Mª Moraleja Alonso

Presidente do tribunal nº 3Presidente do tribunal nº 4

Ángel Bernardo Tahoces

Presidente do tribunal nº 5

Exclusións/Méritos non computables

Cóidigo Descrición

50Certificación incorrecta
51Certificado none xpedido por persoa con competencia (base II.1.3)
52Non presenta-lo orixinal do certificado ((anexo II)
54Certificado non axustado ó modelo establecido na base II.1.3
55Mérito non computable segundo a base II.1
64Persoal estatutario
67Prestar Serv. noutras Adm. Públ. sen atoparse na data de Public. prestando Serv. Valorab. (base II.1.2.4)
71Non atopar documentación xustificativa dos méritos alegados (base II.1.3)
72Falta certificado
73Documentación sen cotexar