Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 02 de xullo de 1999 Páx. 8.494

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a funcionarios, publicadas por Resolución do 10 de marzo de 1999 e correspondentes ó corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia (grupo D), escala de axentes forestais.

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou, con data 23 de xuño de 1999, resolucións estimatorias dos recursos formulados por Aurelio Mosteiro Riveiro e Alberto Javier Morillo Castro, contra a Resolución do 10 de marzo de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas para a cobertura con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondentes ó corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia (grupo D), escala de axentes forestais (Diario Oficial de Galicia do 17-3-1999).

Dado que o carácter das resolucións é estimatorio das peticións dos interesados, procede darlle a debida publicidade á modificación provocada por estas, nas listas publicadas por Resolución do 10 de marzo de 1999, no sentido de que deben figurar na lista para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes ó corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia (grupo D), escala de axentes forestais, os datos seguintes:

-Aurelio Mosteiro Riveiro.

DNI número 35.303.454.

No posto número 41, para o ámbito territorial da Coruña.

No posto número 48, para o ámbito territorial de Lugo.

No posto número 45, para o ámbito territorial de Ourense.

No posto número 41, para o ámbito territorial de Pontevedra.

-Alberto Javier Morillo Castro.

DNI número 34.261.888.

No posto número 151, para o ámbito territorial da Coruña.

No posto número 169, para o ámbito territorial de Lugo.

No posto número 155, para o ámbito territorial de Ourense.

No posto número 150, para o ámbito territorial de Pontevedra.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia ou, directamente, o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 xuño de 1999.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública