Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 02 de xullo de 1999 Páx. 8.498

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 1999, da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, pola que se outorgan destinos correspondentes ó concurso de traslados do 5 de outubro de 1998, polo que se ofertaban prazas vacantes dos corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza.

Visto o expediente instruído como consecuencia do concurso de traslados convocado por Resolución do 5 de outubro de 1998 (BOE do 19 de novembro), para cubri-las prazas vacantes entre oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza.

Esta dirección xeral, de conformidade co disposto nos artigos 455 e 494 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial e os artigos 54, 55 e 57 do Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza,

DISPÓN:

Primeiro.-Facer públicos os destinos que con carácter definitivo se adxudicaron ós funcionarios que participaron no concurso de traslados convocado por resolución da data mencionada anteriormente, que se corresponden cos relacionados no anexo I da resolución da convocatoria e os producidos a resultas.

Segundo.-Excluír do concurso de traslados ós funcionarios que no anexo II se relacionan.

Terceiro.-Declarar caducadas as instancias presentadas polos participantes no presente concurso que non obtiveron destino, polo que non se terán en conta en futuros concursos de traslados.

Cuarto.-Declarar desertas as prazas non adxudicadas no presente concurso, agás que se pretendan amortizar mediante modificación do cadro orgánico de persoal ou reordenación de efectivos dun centro de traballo, polo que se cubrirán na forma prevista no artigo 458 da Lei orgánica do poder xudicial por funcionarios de novo ingreso.

Quinto.-O cesamento deberá efectuarse dentro dos tres días naturais seguintes á publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, debendo tomar posesión do novo destino obtido por concurso nos tres días naturais seguintes ó cesamento se non hai cambio localidade ou nos 10 días naturais seguintes no caso contrario. O prazo posesorio será retribuído pola administración competente respecto á praza obtida no concurso.

Se a resolución leva consigo reingreso no servicio activo á Administración de xustiza nos corpos de oficiais, auxiliares ou axentes o prazo posesorio deberá de computarse desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, mais neste caso o dito prazo non resulta retribuído, xa que se produce antes de formalizarse o reingreso nos corpos de oficiais, auxiliares ou axentes e polo tanto non pode ser computado como de servicios efectivos.

No caso do que os funcionarios reingresados por medio do presente concurso se atopen en activo noutro corpo e non desexasen que se lles interrompese a súa relación de servicio coa Administración, dada a necesidade de contar co tempo indispensable para efectua-la toma de posesión, poderán solicitar ó presidente, xuíz, fiscal ou xefe do organismo do seu actual destino, un permiso retribuído dun día cando teña lugar dentro da mesma localidade ou de dous en caso contrario, agás aqueles casos que teña que desprazarse ás Illas Canarias, Illas Baleares, Ceuta ou Melilla, no que o permiso poderá ser de ata tres días (artigo 66.1º g do Regulamento orgánico), tendo o cesamento no seu anterior destino data inmediatamente anterior á da súa posesión na nova praza de reingreso.

Esta Comunidade Autónoma ou aquela Administración competente concederálle-la excedencia de oficio no corpo de procedencia se esta se produce nun corpo ó servicio da Administración de xustiza, e o cesamento neste destino terá data anterior á da súa posesión nos corpos de oficiais, auxiliares ou axentes ó obxecto de evita-la interrupción na percepción dos seus haberes.

Os funcionarios interinos que actualmente ocupen as prazas que foron adxudicadas cesarán como consecuencia da posesión do seu titular.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo da provincia da Coruña no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial do Estado, de conformidade co establecido nos artigos 14.2º e 25º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora de la xurisdicción contencioso-administrativa; ou ben recurso postestativo de reposición ante este órgano no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa publicación no BOE, segundo establece os artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 1999.

José-Antonio Álvarez Vidal

Director xeral de Xustiza e Adminisración Local

ANEXO II

REXEITADOS POR OBTEREN DESTINO NO CONCURSO 9/ 1998/1

(Artigo 57 do R.D. 249/96, do 16 de febreiro)

CORPO: OFICIAIS

33 852 978BESTEIRO ARES, Mª CARMEN

33 311 898CAZÓN LAMAS, CARMEN

36 059 511DAFONTE BLANCO, MARISOL

42 978 868IBAÑEZ NOGUEIRA, Mª DEL MAR

34 966 478VARELA RODRIGUEZ, Mª ISABEL

CORPO: AUXILIARES

36 046 469ALONSO COSTAS, LUCIA

34 935 505FERNANDEZ BORRAJO, LUCIA

36 088 675GOMEZ GONZALEZ, ANA Mª

34 927 226GOMEZ LORENZO, CONSUELO

33 854 770GUERRERO RICO, Mª DOLORES

36 106 901MANZANO GONZALEZ, ISABEL

32 750 762MARTINEZ GARCIA, ALBERTO RAMON

36 061 488MONTERDE RECONDO, ANA Mª

36 081 572MOSQUERA RODRIGUEZ, ANGELES

35 257 006PAZ ALEJANDRE, Mª CONSOLACIÓN

36 052 701PEREZ AMOEDO, Mª FATIMA

34 917 203VILA MOVILLA, JUSTO MANUEL

REXEITADOS POR OBTEREN DESTINO NO CONCURSO 9/ 1998/ 003

(Artigo 57 do R.D. 249/96, do 16 de febreiro)

35 431 768LESTON MOSQUERA, Mª DOLORES

18 397 537ORTUBIA GIMENO, NATIVIDAD

34 946 297RODRIGUEZ ZARRAQUIÑOS, MANUEL

REXEITADOS POR OBTEREN DESTINO NO CONCURSO 9/ 1999/ 002

(Artigo 57 do R.D. 249/96, do 16 de febreiro)

CORPO: OFICIAIS

34 917 632ARAUJO SALGADO, EDUARDO

76 859 707CASTELO VAZQUEZ, M DEL MAR

32 305 377DE LA FUENTE LAXO, JOSE ANTONIO

34 959 831 DOMINGUEZ PEREZ, PILAR

32 786 455LOPEZ VAZQUEZ, CARMEN MARIA

32 810 085NUÑEZ MACEIRA, MARIA JOSE

32 443 375PALLAS NAEA, MARIA LUISA

32 763 950PERNAS ALONSO, MARIA DOLORES

52 491 262SUAREZ DE SANTIAGO, RAMON

CORPO: AUXILIARES

32 412 251ABAD CASENAVE, SALVADOR RAFAEL

44 448 122ALVAREZ CASTIÑEIRAS, JOSE MANUEL

36 117 921BARCIELA RIVERA, M ISABEL

34 949 025BLANCO PAZ, FELICIDAD

34 988 144CASTRO GONZALEZ, SUSANA

35 561 723FERNANDEZ PEREIRA, VICTORIA

35 257 073 LOPEZ PAN, PALMIRA

35 259 612PIÑEIRO FRANCO, PILAR

34 573 999RAMOS IGLESIAS, MARIA DEL CARMEN

32 406 138 SOUTO MARTINEZ, ROSA MARIA

CORPO: AXENTES

34 992 613 ARMESTO FERNANDEZ, ALEJANDRO

35 249 651FRAXA CASTRO, LORENZO M

35 552 223OBESO OLIVEIRA, M ISABEL

36 030 344RAMOS MARTINEZ, JUSTO

32 810 085TRABA PEREZ, JOSE