Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 02 de xullo de 1999 Páx. 8.485

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 189/1999, do 17 de xuño, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial da Coruña, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto: C.P.-1004 ampliación e mellora do trazado do p.k. 6,00 ó 11,30 de Lanza a Boimorto (programa de actuación da Rede Provincial de Estradas) (Plan 2000 Estradas) 1ª fase 1998.

A Deputación Provincial da Coruña, en sesión celebrada o día 27 de novembro de 1998, aprobou o proxecto de C.P.-1004 ampliación e mellora do trazado do p.k. 6,00 ó 11,30 de Lanza a Boimorto (Programa de actuación da rede provincial de estradas) (Plan 2000 Estradas) 1ª fase 1998 e na mesma sesión acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. A deputación remitiu a documentación complementaria para correcta tramitación do expediente con data en entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 21 de maio de 1999.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 30 de abril de 1999.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque existen razóns que fan necesaria a urxente execución das citadas obras, tal como o firme das estradas, o largo da calzada de dimensións inferiores ás necesarias dos vehículos, a intensidade media do tráfico, circulación de vehículos pesados e puntos negros, e evitar deste xeito o risco de accidentes.

A competencia para a declaración da urxente ocupación corresponde ó Consello da Xunta de Galicia

segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude e por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezasete de xuño de mil novecentos noventa e nove.

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa declárase a urxente ocupación, pola Deputación Provincial da Coruña para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de C.P.-1004 ampliación e mellora do trazado do p.k. 6,00 ó 11,30 de Lanza a Boimorto (Programa de actuación da Rede Provincial de Estradas) (Plan 2000 Estradas) 1ª fase 1998.

Santiago de Compostela, dezasete de xuño de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Carlos Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais