Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 02 de xullo de 1999 Páx. 8.485

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector de hostalería.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo para o sector de hostalería, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 25-5-1999, subscrito en representación da parte económica pola Asociación de Empresarios de Hospedaje da provincia de Pontevedra, Federación Provincial de Empresarios de Hostelería e a Asociación de Salas de Fiesta y Espectáculos, e da parte social, polas centrais sindicais UGT e CC.OO., con data 22-2-1999. De conformidade co disposto no artigo 25 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que

consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 31 de maio de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo provincial de hostalería da provincia de Pontevedra

Acta de actualización salarial para o ano 1999

Na cidade de Vigo, o 22 de febreiro de 1999, reúnense os membros da comisión paritaria do convenio colectivo provincial de hostalería, asinantes desta acta e anexo co fin de:

Aprobar para o ano 1999 as táboas salariais deste convenio, así como a comunicación de actualizacióin do articulado do texto do convenio, segundo o aprobado con data do un de outubro de mil novecentos noventa e sete, BOP nº 189, do cal xuntámo-lo anexo a esta acta, debidamente asinado pola representación social e empresarial.

Sen máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás dezasete trinta horas do día sinalado ó comezo.

Asinan pola parte empresarial:

Asehospo: Delfina Cendón Orge.

Federación Provincial Empresarios Hostelería: José Carlos Lemos Domínguez.

Asociación Salas de Fiestas y Espectáculos: José Carlos Fernández Romero.

Asinan pola parte social:

CC.OO.: Santiago Martín Iglesias.

UGT: José Antonio Boullosa.

ANEXO

Táboa de salarial ano 1999

Nivel

Salario mensual

98+1,8% ano 1999

1149.003
2143.595
3140.835
4135.868
5133.661
6132.006
7129.798
8127.591
9124.831
10122.624
11120.416
12118.761
13116.554
14114.346

Nivel

Salario mensual

98+1,8% ano 1999

15111.587
16109.379
17107.724
18104.964
19103.309
20101.102
2198.894
2296.687
2393.927
2491.720
2590.064
2687.304
2754.193
2869.844