Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 30 de xuño de 1999 Páx. 8.419

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAR DE SANTOS

ANUNCIO.

Por acordo da Comisión de Goberno do 10-6-1999 foi aprobado o prego de cláusulas particulares que rexerán a contratación para as obras que se indican, o que se expón ó público, na secretaría do concello, por prazo de catro días hábiles, contados desde a publicación do presente anuncio no BOP, durante o cal tódolos interesados poderán presenta-las reclamacións que estimen oportunas.

Simultaneamente, anúnciase licitación para adxudica-lo contrato mediante tramitación urxente, procedemento aberto e forma de concurso segundo o seguinte detalle:

1. Entidade adxudicadora: concello de Vilar de Santos, r/ Celanova, 77, 32650, Vilar de Santos, Teléfono 988 46 58 83, fax 988 46 58 63. O expediente tramítase na secretaría, dependencia na que se pode obte-la documentación.

2. Obxecto do contrato e prazo de execución: a) Abastecemento das parroquias Parade e Vilar de Santos, 3 meses; b) Camiño Casas da Ponte-Toxediño, 3 meses.

3. Orzamento de licitación: improte total incluída a redacción dos proxectos, dirección de obra, beneficio industrial, gastos xerais e IVE: a) Abastecemento das parroquias de Parada e Vilar de Santos: 6.400.000 ptas., b) Camiño da Casa da Ponte-Toxediño: 6.380.000 ptas.

4. Fianzas: provisional, non se esixe. Definitiva, 4% do orzamento.

5. Clasificación do contratista: non se esixe.

6. Presentación de proposicións: prazo: ata as 14 horas do 13º día natural seguinte a aquel no que apareza inserido o anuncio no DOG e no BOP de luns a venres, computándose o prazo a partir da última publicación. Documentación para presentar: o que se sinala no punto IX, do prego de cláusulas administrativas. Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello, r/ Celanova, 77, 32650, Vilar de Santos. Prazo de vinculación da oferta: vinte días ou corenta no caso de baixa temeraria, como máximo, contado desde a apertura de proposicións. Modelo de proposición: figura no prego.

7. Apertura das ofertas: o xoves seguinte ó día no que finalice o prazo de presentación das proposicións ás 18 horas.

8. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Vilar de Santos, 14 de xuño de 1999.

Xosé Antón Jardón Da Cal

Alcalde