Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 30 de xuño de 1999 Páx. 8.418

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación, por concurso aberto, da prestación dos servicios de revisión de caldeiras de calefacción en dependencias municipais e colexios públicos para o cumprimento das normas ITIC.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Servicios Electromecánicos, Patrimonio e Contratación, Educación. Nº expediente 3077/444.

2. Obxecto do contrato: descrición: prestación do servicio de revisión das caldeiras de calefacción en dependencias municipais e colexios públicos para o cumprimento das normas ITIC.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo: desde o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ata o 30 de xuño do 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 7.277.500 ptas.

5. Garantías: provisional: dispensada.

Definitiva: 4% do tipo de licitación.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas: data límite: 26 días naturais seguintes á publicación do último anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 8 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas: entidade, domicilio e localidade: Secretaría Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 8 do prego de condicións.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 28 de maio de 1999.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde