Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 30 de xuño de 1999 Páx. 8.418

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOURO

ANUNCIO.

O Concello de Touro (A Coruña) anuncia a contratación, mediante concurso con procedemento aberto, da obra denominada rede de acondicionamento e apertura de camiños forestais, que está subvencionada pola Consellería de Medio Ambiente.

1. Proxecto: rede de acondicionamento e apertura de camiños forestais.

2. Orzamento base de licitación: 9.371.560 ptas. (56.324,21 euros).

3. Prazo de execución: 1 mes.

4. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

5. Fianza provisional: 2% do tipo de licitación.

6. Fianza definitiva: 4% do tipo de licitación.

7. Presentación das ofertas: 26 días naturais contados a partir da publicación do presente anuncio no DOG ou no BOP, de 9 a 14 horas, no rexistro xeral do concello.

8. Pregos de cláusulas administrativas: as aprobadas pola Deputación da Coruña, publicadas no BOP do 9 de decembro de 1996.

9. Apertura de ofertas: segundo día hábil -excluídos os sábados- seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12.30 horas.

10. Clasificación: non se esixe.

11. Documentación: a que consta nos pregos (BOP do 9 de decembro de 1996).

Touro, 24 de maio de 1999.

O alcalde

Rubricado