Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 30 de xuño de 1999 Páx. 8.418

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno, na sesión que tivo lugar o día 14 de xuño de 1999, aprobou inicialmente o proxecto de delimitación e estudio de detalle da UX-D do PERI de Concheiros-Cotarelo-San Lázaro, promovido por Edipromfer, S.L.

O ámbito da actuación correspóndese cos seguintes lindes:

Norte: herdeiros de Manuel Otero Carollo.

Sur: Luis Asorey Rial e outros.

Leste: Rúa de Cotarelo.

Oeste: Pilar González Botana, Elvira del Río Vieiro e outros.

O expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 1999.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde