Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 30 de xuño de 1999 Páx. 8.417

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE QUIROGA

ANUNCIO.

A comisión de goberno, na sesión do 1 de xuño de 1999 aprobou os proxectos de obras redactadas polo enxeñeiro José Enrique Cacicedo Herrero, que se relacionan a continuación:

Accesos ós núcleos rurais de Bendollo, Caspedro, San Xián e Nocedo polo improte de 4.973.794 ptas.

Saneamento en Vilar de Lor, Carballo de Hospital e Freixeiro polo importe de 14.987.395 ptas.

Os devanditos proxectos expóñense ó público polo prazo de 15 días, para efectos de exame e reclamacións, que de non presentarse en tempo e forma, entenderanse definitivamente aprobados.

Quiroga, 1 de xuño de 1999.

O alcalde

Rubricado