Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 30 de xuño de 1999 Páx. 8.419

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 1999 pola que se resolve parcialmente a convocatoria do concurso específico entre funcionarios para a provisión de postos de traballo vacantes na corporación, publicada no Diario Oficial de Galicia número 87, do 7-5-1999.

De conformidade co establecido nas bases da convocatoria do concurso específico entre funcionarios para prover postos de traballo vacantes nesta corporación, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 87, do 7-5-1999, acorda resolver parcialmente o devandito concurso, e por proposta das respectivas comisións de valoración designadas para o efecto, designa-los funcionarios que figuran de seguido para cubri-los postos que así mesmo se indican:

Posto de traballoAdscriciónApelidos e nome, DNI

Asesor xurídicoAsesoría XurídicaFernández López, Juan Carlos

12.235.416

Director Servicio Asistencia a MunicipiosServicio Asistencia a MunicipiosGarcía López, Álvaro

32.597.014

Xefe Servicio Patrimonio e ContrataciónServicio Patrimonio e ContrataciónRodríguez Fernández, Luis Jaime

9.699.560

Xefe Sección Organización e Innovación TecnolóxicaServicio Gabinete Planificación e ControlMartínez Loira, Jesús Ángel

52.495.369-P

Xefe Negociado Gastos IServicio FiscalizaciónGorrochategui Santos, Beatriz

32.427.245-M

Xefe Negociado Plans EspeciaisServicio Xestión de Plans e InfraestructuraBarbeito Travieso, Emilia

32.330.900

Xefe Parque MóbilParque MóbilDa Silva Calvelo, José Francisco

32.323.212

O cesamento no actual destino efectuarase no prazo de tres días, contados a partir da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión deberase realizar no prazo de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que preste os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade.

Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a presidencia desta deputación, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados tamén a partir do día seguinte ó da devandita publicación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme o disposto no artigo 46.1º, en relación co 8.1º da Lei 29/1998, reguladora da xurisdicción, sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que estimen procedente os interesados.

A Coruña, 23 de xuño de 1999.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña