Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 30 de xuño de 1999 Páx. 8.404

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 1999, da Xerencia do Hospital da Costa de Burela, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, da subministración sucesiva de luvas.

A Dirección da Xerencia do Hospital da Costa de Burela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), convoca expediente de contratación polo sistema de concurso público e procedemento aberto:

*C.P. 5/99, subministración sucesiva de luvas, dividido en 5 lotes:

Lote 1: luvas cirúrxicas de látex estériles.

Lote 2: luvas cirúrxicas sin látex estériles.

Lote 3: luvas cirúrxicas sen pos estériles.

Lote 4: luvas de látex non estériles.

Lote 5: luvas de vinilo non estériles.

Orzamento:

Lote 1: 1.332.000 ptas./ano (un millón trescentas trinta e dúas mil pesetas/ano), 8.005,481 euros.

Lote 2: 159.250 ptas./ano (cento cincuenta e nove mil duascentas cincuenta pesetas/ano), 957,111 euros.

Lote 3: 40.000 ptas./ano (corenta mil pesetas/ano), 240,404 euros.

Lote 4: 2.875.000 ptas./año (dous millons oitocentas setenta e cinco mil ptas./ano), 17.279,098 euros.

Lote 5: 27.500 ptas./ano (vintesete mil cincocentas ptas./ano), 165,278 euros.

Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31-12-1999, con posiblidade de prórroga por anos naturais.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Subministracións do Hospital da Costa, teléfono 982 58 99 56 e fax 982 58 99 86, durante o prazo de admisión de proposicións.

Admisión de variantes: consideraranse as proposicións que, respectando o obxecto do contrato e o orzamento máximo autorizado, incorporen para a prestación de subministración solucións alternativas ás definidas nas prescricións técnicas.

Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo I do prego.

Solvencia técnica: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo II do prego.

Criterios de adxudicación:

Características técnicas: ata 40 puntos.

Prezo: ata 40 puntos.

Prontitude na subministración: ata 20 puntos.

Fianzas: deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación:

Lote 1 (26.640 ptas., 160,109 euros).

Lote 2 (3.185 ptas., 19,142 euros).

Lote 3 (800 ptas., 4,808 euros).

Lote 4 (57.500 ptas., 345,582 euros).

Lote 5 (550 ptas., 3,306 euros).

A dita fianza constituirase segundo o disposto no artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Clasificación: non se esixe.

Presentación das proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres cerrados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Hospital da Costa de Burela, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envía por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó Hospital da Costa a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día.

Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital da Costa, ás 11 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta dos adxudicatarios do contrato.

Burela, 10 de maio de 1999.

Jesús Santiago Ares Martínez

Director xerente do Hospital da Costa de Burela