Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 30 de xuño de 1999 Páx. 8.403

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 1999, da Xerencia do Hospital da Costa de Burela, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, da subministración sucesiva de equipos de infusión e arrendamento das bombas necesarias.

A Dirección de Xerencia do Hospital da Costa de Burela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme ó establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), convoca expediente de contratación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto:

C.P. 4/99, subministración sucesiva de equipos de infusión e arrendamento das bombas necesarias, dividido en 4 lotes:

Lote 1: equipos de infusión intravenosa para a administración de medicación por bomba e arrendamento das bombas.

Lote 2: equipos para bombas de nutrición enteral e arrendamento das bombas.

Lote 3: equipos para bombas volumétricas para a infusión prolongada de pequenos volumes e arrendamento das bombas.

Lote 4: equipos para bombas de infusión ambulatoria con programación de fluxos para a administración continuada de analxésicos e arrendamento das bombas.

Orzamento:

Lote 1: 5.370.000 ptas./ano (cinco millóns trescentas setenta mil pesetas), 32.274,350 euros.

Lote 2: 220.000 ptas./ano (duascentas vinte mil pesetas), 1.322,226 euros.

Lote 3: 595.000 ptas./ano (cincocentas noventa e cinco mil pesetas), 3.576,022 euros.

Lote 4: 1.724.500 ptas./ano (un millón setecentas vintecatro mil cincocentas pesetas), 10.364,454 euros.

Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31-12-1999 con posiblidade de prórroga por anos naturais.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Subministracións do Hospital da

Costa, teléfono 982 58 99 56 e fax 982 58 99 86, durante o prazo de admisión de proposicións.

Admisión de variantes: consideraranse as proposicións que, respectando o obxecto do contrato e o orzamento máximo autorizado, incorporen para a prestación da subministración solucións alternativas ás definidas nas prescricións técnicas.

Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo I do prego.

Solvencia técnica: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo II do prego.

Criterios de adxudicación:

Características técnicas das bombas: ata 30 puntos.

Características técnicas dos equipos: ata 20 puntos.

Asistencia técnica: ata 20 puntos.

Prezo dos equipos: ata 15 puntos.

Prontitude na subministración: ata 15 puntos.

Fianzas: deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación.

Lote 1: (107.400 ptas., 645,487 euros).

Lote 2: (4.400 ptas., 26,445 euros).

Lote 3: (11.900 ptas., 71,520 euros).

Lote 4: (34.490 ptas., 207,289 euros).

A dita fianza constituirase segundo o disposto no artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Clasificación: non se esixe.

Presentación das proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres cerrados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Hospital da Costa de Burela, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envía por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó Hospital da Costa a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día.

Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital da Costa, ás 11 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta dos adxudicatarios do contrato.

Burela, 10 de xuño de 1999.

Jesús Santiago Ares Martínez

Director xerente do Hospital da Costa de Burela