Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 30 de xuño de 1999 Páx. 8.402

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 1999 pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación da adquisición de ordenadores persoais con destino á Consellería de Economía e Facenda e as oficinas liquidadoras de distrito hipotecario de Padrón, Chantada, Celanova, Bande, Caldas de Reis e Ponte-Caldelas.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público, polo procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación da adquisición de ordenadores persoais con destino á Consellería de Economía e Facenda e ás oficinas liquidadoras de distrito hipotecario de: Padrón, Chantada, Celanova, Bande, Caldas de Reis e Ponte-Caldelas.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec), rúa Ramón Piñeiro, nº 27, 15702 Santiago de Compostela, Tf: 981 54 13 37, fax: 981 54 13 03.

b) Número de expediente: 9/99.

2. Obxecto do contrato:

a) Adquisición de ordenadores persoais con destino á Consellería de Economía e Facenda e ás oficinas liquidadoras de distrito hipotecario de: Padrón, Chantada, Celanova, Bande, Caldas de Reis e Ponte-Caldelas.

b) Prazo de entrega: 15 días naturais a partir do outorgamento do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 8.000.000 de ptas. (IVE incluído).

5. Garantías:

Provisional: 2% do orzamento máximo de licitación: 160.000 ptas.

Definitiva: 4% do orzamento máximo de licitación: 320.000 ptas.

6. Obtención da documentación e información:

a) Entidade: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

b) Domicilio: rúa Ramón Piñeiro, nº 27.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Teléfono: 981 54 13 37.

e) Telefax: 981 54 13 03.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do décimo terceiro día seguinte á publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

De coincidir en sábado o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec) ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data de imposición do envío na oficina de correos.

8. Apertura das ofertas: en acto público ás 13 horas do cuarto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas. No Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, (Cixtec).

9. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 1999.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión

Tributaria, Económico-Financeira e Contable