Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 30 de xuño de 1999 Páx. 8.399

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1999 pola que se anuncia o sometemento á información pública da petición de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA no río Vexo, xunto cos proxectos e estudios de avaliación ambiental do concurso AC/42/98.

Neste organismo autónomo Augas de Galicia recibiuse unha petición de outorgamento de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico con potencia nominal de ata 5.000 kVA dun tramo libre do río Vexo, presentada cos proxectos das obras e instalacións e estudio ambiental correspondentes.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbese o peticionario do aproveitamento solicitado, onde figuran os datos máis relevantes que o definen, ade

mais dunha breve descripción das obras que se vai executar, facendo consta-la petición de declaración de utilidade pública do aproveitamento para os efectos de expropiación forzosa, e a relación concreta na que se recollen os bens e/ou dereitos afectados cos seus propietarios. Tamén se fai mención da clase de estudio ambiental achegado polo promotor, logo da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo o dispón a lexislación vixente.

Con este anuncio, para lle dar cumprimento ó disposto nos artigos 6 do R.D. 916/1985, do 25 de maio, en concordancia co artigo 2.1º do dito R.D. 916/1985 segundo a redacción establecida polo R.D. 249/1988, do 18 de marzo, e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regulan a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométese de forma simultánea, unha vez rematadas as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, a petición e documentación técnica e ambiental que se trata en concreto no anexo para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas personas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular por escrito cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións consideren procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no

encabezamento e o proxecto ou estudio do peticionario ó que se refiran), persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Edif. Advos. San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostela, e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comenzará a contarse e entenderase aberto a partir da data da derradeira das publicacións que corresponden facer desta resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña. Trancorrido este período de tempo non se admitirá nin se terá en conta ningún escrito.

Para os expresados efectos, este anuncio, ademais da súa inserción nos diarios oficiais mencionados, será obxecto de exposición ó público no taboleiro de anuncios da casa do Concello de Aranga (A Coruña).

Este trámite realízase igualmente para os fins do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, cando os titulares dos bens e/ou dereitos propostos polo peticionario sexan descoñecidos e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal no seu momento as dilixencias que se produzcan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

Os que se consideren interesados terán, para os devanditos efectos informativos, á súa disposición copia da petición e dos exemplares da documentación técnica e estudio ambiental para que poidan

ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

-Proxectos das obras constitutivas do aproveitamento e das instalacións electromecánicas da central, subestacións de transformación e liñas de media e baixa tensión:

* Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Edif. Advos. San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostela.

* Delegación Provincial da Coruña da Consellería de Industria e Comercio: Edif. Advos. Monelos, Praza de Luis Seoane, 1ª planta, 15008 A Coruña.

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Os Feáns, 1-3, 15706 Santiago de Compostela.

-Estudio de efectos ambientais.

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental.

* Delegación provincial de Medio Ambiente da Coruña: Praza de Luis Seoane, s/n, 15008 A Coruña.

* Concello de Aranga: Praza Mestre Mosquera, 1, Ponte Aranga, 15317 Aranga (A Coruña).

Santiago de Compostela, 6 de maio de 1999.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia

ANEXO

Relación de peticionarios

Peticionario e promotor: Aprenar, S.L.

Enderezo: r/ Beado, 43, Rocha Vella, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña).

Representante: Jesús María Fernando Díaz Vázquez.

Denominación do aproveitamento: central hidroeléctrica de Boqueixón.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal de deseño: 725 l/sg.

Corrente de derivación: río Vexo (cota normal de encoro: 369,5).

Corrente de restitución: río Vexo (cota de finalización: 293).

Desnivel (salto bruto): 76 m.

Altura do azude: 2,7 m (altura sobre fondo de cimentación).

Potencia máxima xerador: 428 kW.

Termo municipal onde radica a toma e demais obras: concello de Aranga (A Coruña).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

-Azude e obra de toma:

O azude será de gravidade de planta recta e altura de 2,2 m sobre fondo do leito actual. A coroación, de cota 369,5 e lonxitude 19 m, actuará como labio vertente en toda a súa lonxitude. O volume embalsado será duns 580 m. Disporase un desaugadoiro de fondo e unha escala de peixes.

Na marxe esquerda arranca a conducción, despois dun elemento desareador e sumidoiro.

-Conducción de derivación:

A conducción de derivación está formada por un tubo de fibrocemento de diámetro 70 cm, cunha lonxitude de 980 m, ata chegar á cámara de carga. Irá enterrada a maior parte do trazado.

-Cámara de carga e encanamento forzado:

A cámara de carga é de formigón armado e de aquí parte o encanamento forzado, que será de aceiro ó carbono, cun diámetro interior de 700 mm, un espesor previsto de 7 mm, e unha lonxitude de 300 m.

-Central:

A central estará nun edificio de tipo convencional, con dimensións en planta 20x8, no que se aloxarán os equipos electromecánicos.

-Equipos electromecánicos:

A turbina será do tipo Francis de eixe horizontal, con unha potencia nominal de 423 kW e unha velocidade de 1.500 rpm.

O xerador será asíncrono, cunha potencia de 470 kVA, unha tensión de 6,6 kV e unha frecuencia de 50 Hz.

Completa o equipamento un transformador de potencia de 500 kVA a 6,6/20 kV.

Ademais instalaranse diversos equipos auxiliares.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalación para os fins da necesaria expropiación forzosa, os que de seguida se indican cos seus propietarios:

Concello: Aranga.

PolígonoNº predioPropietarioLonx.

afectada (m)

Superficie

afectada (m)

Elemento de

afección

P9223Mahía Sánchez, Aurea-200Azude toma

PolígonoNº predioPropietarioLonx.

afectada (m)

Superficie

afectada (m)

Elemento de

afección

P9405Vázquez García, Antonia-60Azude toma

P9406Echevarría De La Muela, Jorge-60Azude toma

P9419Espiño Marcote, Gumersindo-12Azude toma

P9420Marcote Barral, María-40Azude toma

P9222Pérez Sánchez, Modesta836Conducción

P9220Descoñecido90405Conducción

P9219Seoane Pérez, Antonio120540Conducción

P9217Masa Común2721.224Conducción

P9208Martínez Piñeiro, Dominga60270Conducción

P9205Pérez Sanchez, Modesta38171Conducción

P9200Seoane Carro, Antonio28126Conducción

P9199Martínez Piñeiro, Consuelo37166,5Conducción

P9194Domínguez Facón, Felix50225Conducción

P9Camiño313,5Conducción

P9Camiño418Conducción

P9168Pérez Rivera, María23103,5Conducción

P9166Piñeiro Marcote, Manuel76342Conducción

P9165Roca Tizón, José1567,5Conducción

P9164Platas, Carmen313,5Conducción

P9157Ares Carro, Ignacio24108Conducción

P9158Espiño Fidalgo, Emilio2090Conducción

P9159Corredoiras Platas, Domingo29Conducción

P9160Ares Carro, Ignacio418Conducción

P9161Santos Espiño, Elvira940,5Conducción

P9140Naveira Goday, Luarda2090Conducción

P9Camiño418Conducción

P9139Marcote Barral, María60439Conducción e cámara

P9Camiño418Encanamento forzado

P9136Seoane, Ángela50225Encanamento forzado

P9137Espiño Fraga, Ramón60270Encanamento forzado

P9Camiño522,5Encanamento forzado

P9135Pérez, Consuelo42189Encanamento forzado

P9132Ares Carro, Ignacio46207Encanamento forzado

P9Camiño418Encanamento forzado

P9131Ares Carro, Ignacio75737,5Encanamento forzado,

central e accesos

P9131Ares Carro, Ignacio864Liña eléctrica

P9662Ares Carro, Ignacio432Liña eléctrica

P9640Barral Piñeiro, José38304Liña eléctrica

P9661Platas Marcote, Leandro34272Liña eléctrica

P9660Carro Piñeiro, Dominga648Liña eléctrica

P9657Casas Marcote, Manuela2181.744Liña eléctrica

P9647Casas Marcote, Consuelo44352Liña eléctrica

P9Camiño432Liña eléctrica

P9665Descoñecido648Liña eléctrica

P9Camiño432Liña eléctrica

P9654Domínguez Falcón, Diego20160Liña eléctrica

P9653Domínguez Falcón, Dolores22176Liña eléctrica

PolígonoNº predioPropietarioLonx.

afectada (m)

Superficie

afectada (m)

Elemento de

afección

Estrada864Liña eléctrica

P812Domínguez Falcón, Félix18144Liña eléctrica

P810Masa Común42336Liña eléctrica

P817Casas Marcote, Manuela14112Liña eléctrica

P816Espiño Faraldo, Margarita20160Liña eléctrica

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.