Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 30 de xuño de 1999 Páx. 8.404

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1999, da Dirección Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, pola que se anuncia o concurso público 3/1999 para a contratación do servicio de limpeza e desinfección do Centro de Saúde de Ribeira.

A Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (DOG nº 88, do 11 de mayo),

sobre delegacións de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público polo procedemento aberto e trámite de urxencia para a contratación do servicio de limpeza e desinfección do Centro de Saúde de Ribeira.

1. Obxecto e orzamento.

1.1. Contratación do servicio de limpeza e desinfección do Centro de Saúde de Ribeira, concurso público 3/1999 por un orzamento estimado desde agosto ata 31 de decembro 1999 de catro millóns oitocentas mil pesetas (4.800.000 pesetas, 28.848,582 euros), IVE incluído.

2. Prazo de execución.

A prestación do servicio deberá comezar no prazo de trinta días, como máximo, contado desde a data de notificación da adxudicación e rematará o 31 de decembro de 1999.

3. Admisión de variantes.

Non se admiten.

4. Solvencia económica e financieira.

Acreditarase mediante calquera dos medios sinalados no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

5. Solvencia técnica.

Acreditarase mediante calquera dos medios sinalados no artigo 19 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

6. Criterios de adxudicación.

Igual que a folla de especificacións.

7. Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden solicitaranse na Sección de Contratación Administrativa da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, sito na rúa Santiago León de Caracas, nº 12 C.P. 15701, nos días de luns a venres desde as 9 ata as 14 horas, ou ó teléfono 981 52 70 22 e fax 981 59 66 20, durante o prazo de admisión das proposicións.

8. Fianzas:

Concurso público 3/99: o 2% do orzamento da licitación (96.000 pesetas, 576,972 euros).

9. Presentación de proposicións.

As proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Xerencia Atención Primaria de Santiago de Compostela antes das catorce horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

10. Apertura de proposicións.

A apertura das proposicións admitidas realizaraa a mesa de contratación, reunida en acto público na

Sala de Xuntas da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o mencionado día coincida en sábado ou festivo a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

11. Documentación que deberán presenta-os licitadores.

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Anuncios.

Os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 1999.

David Bouza Álvarez

Director xerente da Xerencia de Atención Primaria

de Santiago de Compostela