Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 30 de xuño de 1999 Páx. 8.395

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 1999 pola que se declara a utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico denominado Vilalba.

Examinado o expediente instruído a pedimento de Made, Energías Renovables, S.A. (Made), con domicilio social no Paseo de la Castellana, 95, planta 29, 28046 Madrid, sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Vilalba, resultan os seguintes antecedentes de feito:

Primeiro.-O 17 de setembro de 1997, Jerónimo Llompart Homs, en nome e representación de Made Energías Renovables, S.A., solicitou a autorización administrativa das instalacións e o 29 de decembro de 1998 solicitou a declaración de utilidad pública, en concreto, e a autorización do proxecto de execución do parque eólico denominado Vilalba, de 24,7 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O proxecto, coas características fundamentais da instalación e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados, someteuse a información pública por Resolución do 6 de outubro de 1998, para os efectos previstos no decretos 2617/1966, xa citado, e 2619/1996, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 52 y 53 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, de aplicación ó presente expediente segundo o disposto na disposición transitoria segunda da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995, tamén mencionado. A citada resolución foi publicada no BOP de Lugo do 26 de outubro; no diario El Progreso, do 23 de outubro; no Boletín Oficial del Estado do 28 de outubro, no DOG do 27 de outubro e no diario La Voz de Galicia do 27 de outubro de 1998 e deuse coñecemento ós afectados mediante a oportuna

citación individual.

Terceiro.-O 16 de xuño de 1999, a Dirección Xeral de Industria resolveu autoriza-la instalación dos equipos electromecánicos e aproba-lo corresponden

te proxecto de execución, coas seguintes características básicas:

Localización e coordenadas poligonais:

NomeMunicipioVértices

VilalbaVilalbaX Y

0.608.650 4.809.650

0.609.300 4.809.000

0.612.000 4.807.700

0.611.806 4.807.311

0.608.350 4.808.500

0.608.133 4.809.133

Nº de aeroxeradores: 38.

Potencia unitaria por aeroxerador: 650 kW.

Potencia total instalada: 24,7 MW.

Producción anual estimada: 68.295 MWh/ano.

Investimento previsto: 3.122.240.744 ptas.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación coa Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, aplicable a este expediente en virtude do disposto na disposición transitoria segunda da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e o Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio de las competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Declara-la utilidade pública en concreto das instalacións do parque eólico Vilalba, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe, con carácter potestativo, interpoñer recurso de reposición perante este mismo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses contados a partir da citada data.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 1999.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio